Bieito Romero, líder de Luar na Lubre, pon banda sonora aos dezaseis cuartos do Bela Fisterra

Fixo unha selección de traballos discográficos que vinculou a cada unha das habitacións, nomeadas a partir de pezas literarias de temática mariña


Carballo / La Voz

«A música vaille dar aínda máis encanto a este lugar», dicía onte o músico e líder de Luar na Lubre, Bieito Romero, ao explicar o novo proxecto no que estivo traballando recentemente para o hotel Bela Fisterra.

Romero encargouse de seleccionar para cada unha das dezaseis habitacións do complexo, unha banda sonora que os clientes poderán escoitar non só durante a súa estancia, senón tamén unha vez retornen ás súas casas. Se xa os cuartos deste hotel teñen un encanto especial, ao estar ligados a grandes pezas da literatura mariña, agora sumarán tamén outro atractivo.

Fernando Fraga, pola Odisea; Óscar Ibáñez, para o submarino Nautilus ideado por Julio Verne; María do Ceo, para Os Lusíadas; Kepa Junkera, para Os viaxes de Gulliver; Amancio Prada, para Robinson Crusoe... E así ata dezaseis grandes artistas entre os que tamén figura Luar na Lubre a través do seu último traballo, Vieiros e Vieiras.

Romero loou a iniciativa e agradeceu que se preste máis atención á música neste tipo de espazos hoteleiros, que adoitan presentar melodías moi «impersoais».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

Bieito Romero, líder de Luar na Lubre, pon banda sonora aos dezaseis cuartos do Bela Fisterra