«Non podemos ir cara atrás e botalo todo abaixo por unha verbena»

As celebracións terán que ser este ano «a nivel particular, coa responsabilidade que mandan as autoridades», di Sergio Varela, presidente da comisión de San Xoán


Carballo / La Voz

Sergio Varela (Carballo, 1975) tiña que estrearse como presidente da comisión de festas do San Xoán. Non vai poder ser polo coronavirus. «Así non teño que dar o discurso», di en broma.

—Como vai ser este San Xoán?

—Terá que ser a nivel particular, coa responsabilidades que mandan as autoridades, a nivel colectivo é moi complicado porque hai moitas cousas que cumprir. Sería algo descafeinado e as festas son para que a xente o pase o mellor posible e este ano non vai ser. Aínda temos moitos San Xoán por diante. Non nos podemos permitir ir cara atrás e botalo todo abaixo por unha verbena».

—Por que decidiu dar un paso ao fronte e asumir a presidencia?

—Os da comisión deron por feito que eu sería e por min non había problema, non é que o buscara, pero cando o propuxeron din un paso cara adiante. Levo bastantes anos na comisión e as cousas xa non me collen de sorpresa. Sei que teño que aceptar as críticas e levar todo o tema o mellor posible, pero xa as vin de tódalas cores e con todo tipo de xente. Teño temperamento, pero á hora de aceptar as críticas son bastante tranquilo.

—As súas vacacións son precisamente para traballar polo San Xoán.

—Sempre me fixeron moita ilusión as festas, sempre me levou moita idea e pensei que podía axudar a organizalas. Estou a gusto facendo iso e tamén co grupo que forma a comisión. Para min o tempo da festa é o descanso do meu traballo, desconecto. As veces estou máis canso porque sempre hai altos e baixos, pero, de momento, aínda teño aguante e tampouco me complico porque estou a gusto así. É certo que as veces tes algo de angustia, pero sempre acaban por solucionarse as cousas.

—O próximo ano teremos que facer unha celebración dobre.

—Estamos nunha situación moi delicada, moi complicada e non é momento de pensar en festas senón na nosa responsabilidade e intentar non nos poñer en risco ou en cousas que poidan levar ao descontrol. É unha pena que non haxa festas, pero estamos todos no mesmo barco e o importante é a saúde porque sen ela non pode haber nada.

—É algo controlado

—Non paga a pena o risco por unha semana de festas e é mellor seguir coa dinámica que temos porque as celebracións son para divertirse, para estar solto e agora mesmo isto non se pode facer.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

«Non podemos ir cara atrás e botalo todo abaixo por unha verbena»