O dolmen de Dombate, un epicentro cultural para o verán

CARBALLO

José Manuel Casal

Concello e Deputación veñen de presentar numerosas propostas lúdicas e divulgativas para xullo e agosto: un calendario «ambicioso», di o deputado de Patrimonio, que permitirá «poñer en valor» o megálito, asegura o alcalde

21 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Obradoiros de Prehistoria; visitas guiadas, teatralizadas e nocturnas; xornadas de arqueociclismo; concertos de música infantil, tradicional e clásica, ao fío do 250.º aniversario do nacemento de Beethoven; presentacións literarias; observación das estrelas (por partida triple)... Son os apartados máis grosos da programación, gratuíta, da que se poderá gozar os meses de xullo e agosto no dolmen de Dombate, en Cabana. O entorno máis próximo do monumento será o escenario destas propostas que, obviamente, estarán adaptadas á prevención e seguridade precisas ante o covid-19, de aí que se fixera unha redistribución segundo aforo e unha maior cadencia de actividades. Concello e Deputación, titular esta última do megálito, fan unha valoración moi positiva do artellado.

BASILIO BELLO

«Estamos ante un programa moi ambicioso dentro do que estamos a vivir, dentro desta pandemia», asegura o deputado de Contratación, Patrimonio provincial e Equipación,Xosé Luís Penas. Fronte a Administracións que recortan en cultura, indica, Concello e Deputación non só quixeron manter a oferta cultural en Dombate, senón incluso mellorala: «É máis extensa do habitual e ademais con novidades, porque a prioridade era que todo ese tecido cultural que traballa para Dombate puidese seguir facéndoo». Penas está convencido de que o modelo de dinamización que se vén poñendo en marcha no dolmen cabanés é o modelo a exportar a outros bens provinciais e, de feito, terá próximas reunións neste sentido. Sabe que non será doado, e menos nestes tempos. Loa o impulso dende a Administración local. Asegura sentir orgullo cando fala de Dombate, á que recoñece como catedral do megalitismo. Orgullo polo que nela fixo tamén a Deputación: «Temos que ir cara este modelo de coidado, protección e posta en valor».

ANA GARCIA

«Son tempos novos, en principio difíciles ou distintos, pero queremos seguir potenciando Dombate, poñendo en valor a catedral do megalitismo», concorda, pola súa banda, o alcalde de Cabana, José Muíño. Reseña o éxito dos talleres de Prehistoria, ou o das visitas teatralizadas, pero tamén se amosa expectante ante os concertos, as presentacións literarias ou as visitas nocturnas, «que para min son máxicas». Lembra como foi medrando a Noite das Estrelas con Jorge Mira, xa dende o 2003, e vén a concluír que se está ante un programa amplo «que abarca todos os campos». «Dombate, co tempo, ten que converterse na porta de entrada do parque do megalitismo», asegura. Muíño dá conta do respecto mutuo entre Deputación e Concello á hora de impulsar o megálito: «Estamos abertos a esa colaboración, é para min ademais o normal».

JOSE MANUEL CASAL

O extenso programa, en detalle

Sábado 4 de xullo. Obradoiros de Prehistoria. Aforo máximo de 10 persoas. Ás 11.00 horas, As cores de Dombate: pinturas máxicas (pequenos de 3 a 10 anos); ás 12.00, As ondas sonoras, para maiores de 10. Visitas teatralizadas. A cargo de Os Quinquilláns. Aforo limitado. Dous pases: 18.00 e 19.30.

Domingo 5. Mediodía musical. Con O Son do Castro (aforo limitado). Obradoiros de Prehistoria. Aforo de 10 persoas. Ás 11.00, O gran invento do Neolítico: a cerámica (maiores de 6 anos). Ás 12.30, Lume: alumeando a mámoa (maiores de 10).

Venres 10. Visita nocturna ao dolmen. Ás 23.00 horas. Para maiores de 10 anos, con necesaria inscrición previa.

Sábado 11 de xullo. Obradoiros de Prehistoria. Aforo máximo de 10 persoas. Ás 11.00, As cores de Dombate: pinturas máxicas (de 3 a 10 anos; ás 12.00, As ondas sonoras, para maiores de 10. Visitas teatralizadas. Con Os Quinquilláns. Aforo limitado. Dous pases pola tarde: 18.00 e 19.30 horas.

Domingo 12 de xullo. Arqueociclismo. Ás 11.00, paseo en bici para todos os públicos polo chan de Borneiro. Aforo máximo de 20 persoas. Necesaria inscrición previa.

Venres 17 de xullo. Música clásica. 22.00/23.00 horas. Música na catedral do megalitismo polo 250.º aniversario do nacemento de Beethoven. Concerto de violín de Ruslan Asanov e Dasha Pankratova. Necesaria inscrición previa.

Sábado 18 de xullo. Obradoiros de Prehistoria. Aforo de 10 persoas. Ás 11.00, As cores de Dombate. Ás 12.30, Excavación: a vida baixo terra (maiores de 6 anos).Visitas teatralizadas. Con Os Quinquilláns, ás 18.00. Aforo limitado. Roteiro literario. Ás 19.30, paseo a pé ata o campo do Briño, guiado en certa maneira polo escritor de orixe baiés Enrique Labarta Pose (encarnado polo actor Lucho Penabade). Saída do aparcadoiro de Dombate. Presentación literaria. Ás 20.00 horas, publicación O santuario do Briño, con Félix Neira, Natalia Lema, Matilde Vilariño, Irma Macías, Eloy Mato e Perfecto Varela. Letras e música.

Domingo 19 de xullo. Música para nenos. Ás 12.00, mediodía musical con Paco Nogueiras e o seu espectáculo Brinca Vai! (aforo limitado). Obradoiros de Prehistoria. Aforo máximo de 10 persoas. Ás 11.00, As gravuras da Fornella, para maiores de 6. Ás 12.30, Azagaias, frechas e arcos, á caza!, para maiores de 10.

Venres 24 de xullo. Visita nocturna ao dolmen Dombate. Ás 23.00, para maiores de 10 anos. Inscrición previa.

Sábado 25 de xullo. Obradoiros de Prehistoria. Aforo máximo de 10 persoas. Ás 11.00, As cores de Dombate: pinturas máxicas (de 3 a 10 anos; ás 12.00, As ondas sonoras, para maiores de 10. Visitas teatralizadas. Con Os Quinquilláns. Aforo limitado. Dous pases: 18.00 e 19.30.

Domingo 26 de xullo. Arqueociclismo. Ás 11.00, paseo en bici para todos os públicos polo chan de Borneiro. Aforo máximo de 20 persoas. Inscrición previa.

Venres 31 de xullo. Música clásica. 22.00/23.00 horas. Música na catedral do megalitismo polo 250.º aniversario do nacemento de Beethoven. Concerto de violín e guitarra co dúo Alfonso e Hugo Franco. Necesaria inscrición previa.

JOSE MANUEL CASAL

Sábado 1 de agosto. Obradoiros de Prehistoria. Aforo de 10 persoas. Ás 11.00, O gran invento do Neolítico: a cerámica (maiores de 6 anos). Ás 12.30, Lume: alumeando a mámoa (maiores de 10). Visitas teatralizadas. Con Os Quinquilláns. Aforo limitado. Dous pases: 18.00 e 19.30.

Domingo 2 de agosto. Mediodía musical. Con Pakolas. Aforo limitado. Obradoiros de Prehistoria. As cores de Dombate (11.00) e As ondas sonoras (12.30).

Venres 7 de agosto. Música clásica. 22.00/23.00. Concerto de acordeón de Fernando Fraga, con necesaria inscrición previa.

Sábado 8 de agosto. Obradoiros de Prehistoria. Ás 11.00, As cores de Dombate. Ás 12.30, Excavación: a vida baixo terra. Visitas teatralizadas. Ás 18.00 e 19.30. Visita nocturna. Ás 23.00 horas, necesaria inscrición.

Domingo 9 de agosto. Arqueociclismo. Ás 11.00, paseo en bici para todos os públicos polo chan de Borneiro. Necesaria inscrición previa.

Mércores 12, xoves 13 e venres 14 de agosto. Noite de estrelas. Visionado do ceo e a chuvia de estrelas con Jorge Mira, por partida triple. Saída ás 23.00 horas. Inscrición previa.

ANA GARCIA

Sábado 15 de agosto. Obradoiros de Prehistoria. Ás 11.00, As cores de Dombate. Ás 12.30, As ondas sonoras. Visitas teatralizadas. Ás 18.00 e 19.30 horas.

Domingo 16 de agosto. Mediodía musical. Ás 12.00, con Irma Macías e Xaquín Rama. Aforo limitado. Obradoiros de Prehistoria. Aforo de 10 persoas. Ás 11.00, O gran invento do Neolítico: a cerámica (maiores de 6 anos). Ás 12.30, Lume: alumeando a mámoa (maiores de 10).

Venres 21 de agosto. Visita nocturna. Ás 23.00, con inscrición previa.

Sábado 22 de agosto. Obradoiros de Prehistoria. Ás 11.00 horas, As cores de Dombate: pinturas máxicas; ás 12.00, As ondas sonoras. Visitas teatralizadas. Con Os Quinquilláns. Aforo limitado. Dous pases: 18.00 e 19.30.

Domingo 23 de agosto. Arqueociclismo. Ás 11.00, paseo en bici para todos os públicos polo chan de Borneiro. Necesaria inscrición previa.

Venres 28 de agosto. Música clásica. 22.00/23.00. Clásicos populares co dúo Caamaño-Ameixeiras. Necesaria inscrición previa.

Sábado 29 de agosto. Obradoiros de Prehistoria. Ás 11.00, As cores de Dombate. ás 12.30, Excavación: a vida baixo terra. Visitas teatralizadas. Con Os Quinquilláns. Aforo limitado. Dous pases: 18.00 e 19.30.

Domingo 30 de agosto. Mediodía musical. Ás 12.00, con Os Farrapos (aforo limitado). Obradoiros de Prehistoria. Aforo de 10 persoas. Ás 11.00, As gravuras da Fornella, para maiores de 6 anos. Ás 12.30, Azagaias, frechas e arcos, á caza!.

E ademais...

Visitas libres ao dolmen. Do 1 de xuño ao 30 de setembro, todos os días da semana: de 09.00 a 21.00.

Visitas guiadas. Do 1 de xuño ao 30 de setembro, todos os días da semana, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00. Cada 30 minutos. A primeira, ás 10.00. A última, ás 19.30.

Garantías ante o covid-19. Para garantir a seguridade e a prevención ante o covid-10, todas as actividades estarán controladas nos accesos.

Actividades con inscrición previa. Anotarse en dombate2020@gmail.com

Actividades con aforo limitado. Por orde de chegada ata cubrir prazas.