«A capacidade de xestión e negociación é practicamente nula»

La Voz

CARBALLO

ANA GARCIA

29 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

«Non fixeron nada, a capacidade de xestión e de negociación é practicamente nula, todo o que está saíndo é do goberno anterior, mesmo os 26.000 euros da obra do porto sobre as inundacións que xa a pediramos no seu día a Portos, a senda peonil, o proxecto da depuradora de Serantes que era un antigo compromiso da Xunta, o arranxo do centro social de Traba,...». Así de contundente es Xosé Manuel Pose Lema, del BNG, a la hora de valorar la labor del ejecutivo local.

Añade además que «a boa saúde económica da que presumen tamén a deixamos encarada cun bestial saneamento no anterior mandato e coa actualización dos pagos a provedores arranxada».

Por lo que se refiere al área de cultura, que era la suya, apunta que «todo é improvisación, entroido fotocopiado dos anteriores sen ningunha innovación, actividades só a través das redes sociais, mesmo absurdos concursos de frases de amor nas redes, non hai ningún proxecto en marcha nin existe planificación».

En comercio, «a dinámica de campañas do anterior goberno desapareceu e só houbo unha reunión co tecido asociativo nun ano, a planificación brilla pola súa ausencia no departamento», destaca Xosé Manuel Pose.

Tampoco en turismo las críticas son mejores. «A dinámica de apertura do Museo do Mar, antes da pandemia, desapareceu; non se executou o ReLaxeSe que deixamos programado modificando o proxecto e reducindo a cantidade comprometida pola Deputación; non se executou a subvención de dotación de material do Museo para o Arquivo Fotográfico Vidal, non se fixo ningunha promoción exterior do concello, non se seguiu co proxecto de turismo mineiro, cortouse de raíz durante bastante tempo a promoción turística do Concello nas redes, e as infraestruturas coma o PMIT presenta un estado lamentable con parte dos vinilos rotos e o zócalo de madeira desfeito, non se repuxo a sinalización rota dos Penedos de Traba, non se traballou na posible compra da capela do Aprazadoiro, non se volveron limpar os accesos aos recursos megalíticos...», argumenta.