-Esta moi ben que grupos coma ese, grandes bandas, dean exemplo. Parécenos que individualmente non podemos facer cousas importantes e non é así. Vese agora con isto do coronavirus que, se quedamos na casa, podemos facerlle fronte. Pois o mesmo hai que extrapolalo ao tema do medio ambiente. Individualmente claro que me podo quedar na casa, pero a cousa é facelo entre todos. Hai moito tempo que perdín a fe na humanidade, pero intento recuperala porque é algo que non se pode perder. Creo que debemos ser conscientes de que temos que mudar os nosos hábitos.
-Individualmente, que fai?
-Pois intento reciclar, aínda que ás veces non é doado porque ás aldeas só vén un camión. Creo que nestas zonas deberían mellorar as cousas. Despois intentamos, as tres, ir ao supermercado e mercar cousas sen plástico. Pero tamén o poñen complicado. Non tirar cabichas e porcallada ao chan tamén é moi importante. Ver máscaras e luvas no chan, como estamos vendo nestas semanas, paréceme asqueroso.