«Toca facer a festa dende a casa, pero o caso é facela»: boa acollida do acto dixital carballés

La Voz CARBALLO / L AVOZ

CARBALLO

ANA GARCIA

A regueifeira Lupe Blanco presentou unha hora e pico de entretemento con selo carballés

18 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O talento da regueifeira Lupe Blanco, que tamén cantou unha regueifa especial para o Festiletras, non deixou de recibir onte parabéns no acto dixital do Concello de Carballo para as Letras Galegas. Ela era a presentadora dunha hora de humor, música e teatro, «dándolle valor á xentiña da casa», afirmou: Banda, Galeatro, conservatorio... Foi un esforzo colectivo, pura identidade. Tanto vía YouTube como Facebook puidéronse seguir as interpretacións: «Toca facer a festa desde a casa, pero o caso é facela», animou Blanco, que non esqueceu obviamente a regueifa. Tampouco a pandeireta. A iniciativa carballesa tivo moi boa acollida. Con ela tamén reivindicou Lupe a Calero, coa súa sorna habitual: «Ese home listo que escribía medio portugués».