Incógnitas moitas, pero o importante é regresar

Adolfo López Baña PRESIDENTE DE ÍNTEGRO

CARBALLO

10 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A pandemia provocada polo covid-19 xéranos, a todos por igual, diferentes e variadas emocións e exponnos novos e inesperados desafíos. Pero temos de recoñecer que, dalgunha maneira, esta crise sanitaria parécese un pouco ao que xa vivimos moitas veces: sentimentos de soidade, incerteza ante a futuro, inseguridade para xestionar o descoñecido, sensación de perda de control das rutinas e a propia vida. Tamén é certo que tanto a persoa con discapacidade ou a contorna familiar máis próxima, vivimos unha transformación a partir do que esta a acontecer, caracterizada por a crenza e recoñecemento do seu espírito de superación, a pesar das circunstancias, e tenacidade para volver a comezar cada día, vivir as situacións adversas como un desafío e non como unha calamidade e relativizar, considerando as situacións difíciles como unha parte da vida.

No que están todos de acordo é que nesta situación si é unha vantaxe o que ata agora parecía o gran inconvinte, vivir no rural, pois a maioría viven en casas o cal lles permitiu dende o primeiro día non estar pechados, senón que a maioría ten un pequeno engadido onde podían pasear ou polo menos tomar o aire.

Dende as persoas traballadoras da entidade consideramos a todas estas familias que forman o centro de día e o centro ocupacional Integro unha extensión da nosa propia familia por iso nesta situación para nos é tan importante estar preto deles como o queremos estar dos nosos propios pais, irmás, sobriños.... Dende o principio todos os traballadores implicámonos poñendo os nosos propios medios para manter o contacto e no que fose posible unhas rutinas e sobre todo o contacto coas demais persoas usuarias que para moitos son o único contacto fóra do seu circulo máis próximo. Agora coas visitas semanais as familias móstranse moi agradecidas, pero para ser sinceros para as traballadoras tamén é un subidón de ánimo, poder saír, poder velos, falar con eles sen unha pantalla do ordenador ou teléfono por medio. Ese día veñen para casa coa forza de seguir unha semana máis, pero a pregunta que nos fan sempre todos usuarios e familias é: cando podemos volver para o centro? E como será a desescalada? Poderemos regresar todos xuntos? Estas son as grandes incógnitas do futuro que máis lles preocupan ás familias, pero co que nos quedamos en Integro é que a pesar de todas as incógnitas que temos neste momento, temos o apoio de todas as persoas usuarias e as súas familias e que están desexando volver para o centro canto antes.

As incógnitas son moitas, terán que cambiar moitas actividades e gora máis ca nunca a atención vai ir centrada na persoa, pero o que si temos claro en Integro é que os centros de atención a persoas con discapacidade son imprescindibles para que esa desigualdade social que percibimos sexa o menos agresiva posible.