María Canosa e Concha Blanco doan libros aos nenos de Cee

Santiago Garrido Rial
S. G. Rial CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Entregaron case 40 volumes da súa autoría ao Concello de Cee

29 mar 2020 . Actualizado a las 22:34 h.

As escritoras ceenses Concha Blanco e María Canosa, nai e filla, fixéronlle entrega ao Concello de Cee de case 40 libros da súa autoría.

Son agasallos para os nenos do municipio que estes días cumpren anos. Os máis novos recibirán un volume escritos por María, e os outros, os maiores, por Concha. En todos os casos, asinados e dedicados por ambas.

O feito transcendeu porque hoxe a alcaldesa, Margot Lamela, quixo agradecer expresamente ese xesto, e tamén o fixo a través das redes municipais.

Os libros son para os rapaces que están de aniversario estes días de confinamento, pero tamén para os que xa celebraron esa data en xornadas recentes. En todos os casos, a Policía Local faralles entrega dos volumes nos seus domicilios.