Segredos do neolítico, unha ferramenta didáctica de primeira

La Voz

CARBALLO

BASILIO BELLO

Xa reservaron data para os obradoiros 13 grupos

08 mar 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

? Dombate é historia, é cultura, é turismo, pero tamén é un recurso didáctico de primeira orde grazas ao espazo Segredos do Neolítico impulsado polo Concello de Cabana en colaboración coa Deputación da Coruña. Unha iniciativa que non para de recoller éxitos a través dos centos de visitantes, a grande maioría escolares, que xa teñen reservada data de aquí ao que queda para rematar o curso. De feito, dos 32 días ofertados nesta edición do 2020, xa están ocupados 13 ata o remate no mes de xuño.

Viaño Pequeno (Trazo), Asociación Íntegro (Cabana), Otero Pedraio (A Laracha), Terra de Soneira (Vimianzo), Agra de Raíces (Cee) As Revoltas (Cabana), Alfredo Brañas (A Laracha), Lamas de Abade (Santiago), British School (A Coruña) Sardiñeira (A Coruña), Aspaber (Carballo) e Labaca (A Coruña) son algúns dos centros que participarán nos obradoiros, xunto a outra decena de colexios e entidades que reservaron visitas, nalgúns casos tamén ao veciño castro de A Cidá, en Borneiro.