Un paseo por Cabana co territorio de anfitrión e a literatura de guía

A ribeira do Anllóns acolle unha completa xornada que aproveita o fío de grandes mestres da escrita


? A actividade cultural, educativa e de lecer en Cabana multiplícase coa chegada da primavera. Á programación habitual hai que sumarlle o pulo que colle o Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate cos novos horarios e, sobre todo, coa chegada de centos de alumnos de toda Galicia para participar no seu máis que interesante programa didáctico.

Vén coa visita monitorizada dunha hora de duración ou cos obradoiros didácticos completos, que suman outra hora máis e son totalmente gratuítos, os docentes das voltas e máis outros colectivos varios atopan en Cabana unha ferramenta de excepción para introducirse na prehistoria e na arqueoloxía, sobre todo a través de coñecemento da catedral do megalitismo galego.

Pero, en realidade, o prato forte da programación chega este sábado con As pegadas da historia nas beiras do Anllóns. A través das referencias literarias de Pondal, por suposto, pero tamén de outros grandes autores como Frei Martín Sarmiento, Castelao ou contemporáneos como Xocas e Manuel Rivas, unha intensa xornada achegará aos participantes aos oficios tradicionais, a actividade económica, os recursos naturais, o patrimonio etnográfico, á musica, ao deporte e, en xeral, a toda a cultura cabanesa.

? Xa a partires da Semana Santa e entre o 1 de xullo e o 15 de setembro o Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate conta con visitas guiadas e gratuítas de luns a domingo. Pola mañá en horario de 11.00 a 14.00 horas e pola tarde dende as 16.00 ata as 20.00. Ademais, ata o 30 de xuño está aberta a tempada de excursións os martes e os venres de 10.00 a 14.00 e os sábados e domingos de 16.00 a 20.00.

As reservas pódense facer no 672 435 736, 618 574 481 e 981 754 020, ademais de en borneiro@gmail.com.

? O cesteiro Jaime Gagino será un dos protagonistas das visitas centradas nos vellos oficios. Neste caso seguindo o rastro dun poema de Eduardo Pondal e camiño ao petróglifo de Canduas.

? Irma Macías e Son de Cabana darán un recital de canción mariñeira introducido a través dun fragmento da obra de Manuel Rivas, En Salvaxe Compaña, que describe paisaxes de Cabana e o seu entorno.

? Tamara Lema e Yago Espasandín dramatizarán un texto de Frei Martiño Sarmiento e estarán acompañados polo recital de literatura do Anllóns conducido por Silvia Losada e os alumnos de teatro.

? No apartado de natureza teñen un oco especial José Luis Rabuñal, a persoa que máis sabe neste mundo sobre as aves do Anllóns e a fotógrafa Beatriz Romero, xunto con distintas proxeccións audiovisuais.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Un paseo por Cabana co territorio de anfitrión e a literatura de guía