O CEIP Xesús San Luis Romero gaña por terceiro ano o concurso das Letras Galegas

Impuxéronse na categoría de infantil e primaria


O Portal da Lingua Galega vén de publicar a resolución do Concurso-exposición Letras Galegas 2020, un certame convocado pola Xunta coa colaboración de Feiraco. Desta volta, os centros educativos que realizaron as mellores exposicións para dar a coñecer a vida e obra do homenaxeado foron o CEIP Xesús San Luis Romero, de Carballo, e o IES Ferrol Vello. Os carballeses impuxéronse, por terceiro ano consecutivo, na categoría de infantil e primaria co traballo «Recordando Carvalho Calero». Segundo o xurado, souberon combinar da maneira máis axeitada a beleza estética, a calidade da lingua e o recurso ás tecnoloxías da información e da comunicación máis innovadoras coa finalidade de difundir a figura do autor homenaxeado entre o público máis novo, incluído aquel que presenta necesidades específicas de apoio educativo. Os dous centros gañadores recibirán cadanseu premio en metálico de 2.000 euros, mentres que o profesorado implicado obterá unha certificación de premio de innovación educativa equivalente a entre 20 e 30 horas de formación. Ademais, as dúas coleccións de 10 carteis distribuiranse en máis de 2.000 puntos de Galicia e do exterior.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O CEIP Xesús San Luis Romero gaña por terceiro ano o concurso das Letras Galegas