Xa hai candidatos a Carballés, Bergantiñán e Galego do Ano

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Ana Garcia

As asociacións culturais da comarca teñen ata o 20 de marzo para formular máis propostas

29 feb 2020 . Actualizado a las 21:09 h.

O consello asesor do Padroado Fogar de Bergantiños xa ten os primeiros candidatos a recibir os premios de Carballés, Bergantiñán e Galego do Ano. As asociacións culturais da comarca teñen aínda ata o 20 de marzo para formular máis propostas.

Para Carballés están propostos o médico Álex Ávila, o equipo sénior do Balonmán Xiria, o Grupo de natación adaptada de Sysca e os irmán Xurxo, Alberto (a título póstumo), Juan e Diego Gende (Chapela), ademais da Feira da Ciencias do Alfredo Brañas.

Para Bergantiñán, Un Paso Máis, Instituto de Estudos Bergantiñáns, Lupe Blanco e Francisco Javier Couto Castro.

E para Galego, Camiño dos Faros, Oliver Laxe, Fernando Vázquez, María Canosa e Xabier Díaz.