«A peor xogada», gañadora do certame Quero Cantar, xa ten videoclip oficial

Foi presentado onte no CEIP de Caión


O grupo Música das Baleas estreou onte no CEIP de Caión o videoclip da canción «A peor xogada», gañadora do certame Quero Cantar de música infantil e xuvenil da Deputación da Coruña.

Dirixidos polo mestre de música José Carballido, o alumnado integrante do grupo estreou onte o videoclip nun acto no que participou o deputado de Cultura Xurxo Souto, que destacou a importancia de estimular o talento que medra hoxe en día nos centros educativos. Tamén recoñeceu o «esforzo que as nenas, nenos, profesorado e familias realizan neste tipo de proxectos; ese traballo acaba regalándonos a todos creacións tan fermosas como “A peor xogada”».

Durante o acto o grupo volveu interpretar en directo o tema e, posteriormente, abriuse un coloquio no que os nenos responderon as preguntas dos seus compañeiros. Despois proxectouse o vídeo, no que se combinan secuencias no interior e exterior da escola.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«A peor xogada», gañadora do certame Quero Cantar, xa ten videoclip oficial