Adrián Dubra: «Máis que presionados, estamos ilusionados por seguir arriba»

Fran Rodríguez / j. v. l.

CARBALLO

BASILIO BELLO

O técnico do Calvo Xiria afronta un mes de febreiro máis que complicado

31 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O técnico do Calvo Xiria da Primeira Estatal de balonmán, Adrián Dubra, vive un momento doce con oito trunfos seguidos.

-Podemos resumilo en que todo ok, non?

-Si, estamos nunha liña moi boa de traballo e cando traballas ben soen saír os resultados. Custounos un pouco encaixar as pezas e que os rapaces tomasen máis responsabilidade e agora nótase nos resultados que, ao final, é o que todo o mundo ve.

-Senten a presión?

-A verdade é que non. Esta semana adestramos luns e martes e vexo o equipo ben, con ganas, como todas as semanas, pero moi asentado no traballo diario.

-Dígollo porque a principios de tempada non era un obxectivo claro xogar a fase de ascenso.

-É un tema máis da afección que ve o equipo arriba. O equipo máis que presionado está ilusionado por seguir arriba, nesa liña de traballo. Se os resultados seguen acompañando logo a final de tempada saberase se hai equipos que fan as cousas mellor e están máis arriba e haberá que felicitalos. Nós, mentres haxa posibilidades, tentaremos loitalo coa máxima ilusión posible

-Cando foi a última derrota se é que se acorda?

-[risas] A última foi na casa despois de gañarlle a Lalín, que moita xente non o esperaba, co Balonmán Ingenio, un partido que foi igualado e puido decantarse por calquera dos dous equipos e eles levaron unha vitoria xusta. Ese foi un punto de inflexión.

-O que vén agora está o líder, o Lalín, a catro puntos.

-Este mes de febreiro antóllase clave porque os catro primeiros temos enfrontamentos entre nós.