«A Semana Santa atrae moito turista»

f. rODRIGUEZ / c. VIU

CARBALLO

Jorge Parri

Os organizadores gardan o programa das Festas do Cristo para despois do entroido

25 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Javier Trillo é o voceiro das confraría da Semana Santa de Fisterra. En Radio Voz Bergantiños falou sobre o programa deste año que xa se presentou na comarca e que xa se coñece agora en Madrid.

-Por que está a espertar tanto interese a nivel turístico?

-Temos que ter en conta que a Semana Santa é un período que atrae moito turista a Galicia e, como non, á Costa da Morte. Temos agora uns actos de Semana Santa tan importantes como os do sur. Miramos as de Sevilla ou Málaga, pero as nosas son moi distintas, máis tradicionais, cunha devoción distinta, máis solemnes ás veces. Ademais, sabemos que hai moita xente á que lle atraen as procesións.

-Cal é o motivo polo que destaca a de Fisterra?

-Fanse representacións, algo que en España faise en moi poucos sitios e, ademais, o único sitio onde se representa a Resurrección é precisamente en Fisterra.

-Por iso obtiveron a declaración de interese turístico?

-Ademais, a festa do Cristo foi a primeira de Interés Turístico Nacional de toda Galicia, en 1983.

-Este será do 3 ao 13 de abril, porque non sempre son as mesmas datas...

-Non, non [risas]. Para os organizadores mellor sería que fosen sempre na mesma data, porque sempre estamos xogando aí por cambios de horarios, porque cambia a hora unha semana antes. Agora estamos a darlle promoción aos actos relixiosos. Despois do entroido presentaremos o cartel lúdico, das festas do Cristo.