O Surf, carta de presentación da Costa da Morte en Fitur

 Save the Waves xa estimou a candidatura para ser reserva mundial


Carballo

Entre as propostas que a Deputación da Coruña leva a Fitur hoxe, ás 16.30 no Estand de Galicia, está a candidatura da Costa da Morte para ser Reserva Mundial de Surf. De facerse realidade, a comarca costeira sería o único destino en España (e o segundo en Europa, despois de Ericeira-Portugal) con este distintivo. A comarca loita, por iniciativa do ente provincial, por facerse co prezado e escaso recoñecemento outorgado pola ONG Save the Waves Coalition, que até o de agora repartiu apenas unha ducia de distintivos en todo o mundo.

«Este acontecemento, que é unha extraordinaria e case inesperada noticia na primeira vez que se presenta a candidatura, é resultado do traballo colectivo entre o sector e as Administracións», comentaba o vicepresidente do ente provincial, Xosé Regueira, cando se fixo público que a ONG viña de estimar a candidatura galega. «Grazas a esa implicación conseguimos superar o primeiro corte e demostrar que cumprimos os requisitos para que a nosa opción sexa tida en conta», engadiu.

«Queremos que o turismo sexa rendible para o territorio provincial»

S. G. Rial

Leva a Fitur numerosas propostas: O Gran Fondo e La Vuelta, os Camiños, o Xeoparque de Ortegal ou diversas actuacións patrimoniais

Xosé Regueira (1967) é o vicepresidente da Deputación, e responsable, entre outras áreas, de Turismo. Un ano máis, participa en Fitur.

—Que leva a Deputación á feira de Madrid?

—Un evento principal que é o Gran Fondo Ézaro e a Vuelta. Funciona moi ben, a nivel de convocatoria de medios, de xente. Tamén levamos outro produto, no espazo que ten Ferrol-Ortegal, o Xeoparque. Traballamos a bo ritmo con varios concellos, e esperamos que o 2020 sexa o ano da candidatura. É un dos temas que temos aí con máis ilusión dende hai dous anos. E levamos tamén todos os temas de turismo cultural nos que estamos traballado, que son o de certificación de reserva mundial de surf para o territorio da Costa da Morte, e o anuncio de que os concellos teñen decidido colectivamente declarar reserva local de surf o litoral da Costa da Morte. Tamén o proxecto de Compostela Rupestre, xa tivemos a reunión co comité executivo a semana pasada, e esperamos que este ano sexa o do plan de xestión. Levamos tamén o proxecto de xestión do parque de megalitismo, e o que é historicamente un produto da Deputación, como é a Mostra da Oleiría e o Forno do Forte, toda a actividade do Castelo de Vimianzo, e este ano cúmprese o 25 aniversario do Asalto, e cos Batáns. E tamén todo o traballo que se fai nas Fragas do Eume e no mosteiro de Caaveiro. E tamén moito traballo relacionado cos Camiños de Santiago. Estamos ás portas do Xacobeo e queremos consolidar unha oferta potente nos dous Camiños máis singulares na provincia, o de Fisterra a Muxía e o Camiño Inglés.

Seguir leyendo

No documento remitido presentábanse as fortalezas da comarca nos catro bloques de contidos establecidos: a calidade e consistencia das ondas, a cultura e historia do surf no territorio, as características ambientais únicas do medio e o apoio local á candidatura, para o cal se constituíu o grupo promotor, integrado por representantes de organismos públicos e grupos de interese sectoriais.

O recoñecemento pretende sentar as bases para lograr o impulso deste deporte na Costa da Morte a través da protección e posta en valor das ondas, así como avanzar no artellamento dun modelo de desenvolvemento sostible arredor do surf.

;
Making off del spot de la XXX Mostra do Encaixe de Camariñas El vídeo estará disponible el próximo 26 de enero.

Unha vez superado o primeiro chanzo, entre os retos máis inmediatos fixados polos promotores era a declaración da Costa da Morte como reserva local de surf, un instrumento que serviría como primeira aproximación de cara a preservar as ondas, sumar alianzas do tecido social e demostrar a sensibilización coa conservación do medio e o crecemento sostible.

Fíxose efectiva esta declaración no pasado mes de outubro, cando Xosé Regueira e diversos responsables municipais (estiveron presentes Fisterra, Laxe, Malpica, Carballo e A Laracha) se reuniron na capital de Bergantiños para acordalo. Tamén acordaron iniciar un foro de sensibilización dos valores dos ecosistemas e ondas da Costa da Morte, ademais de botar a andar unha campaña de divulgación dos valores do surf nos centros de ensino dos municipios implicados.

Fase decisiva

Coa presentación dun proxecto detallado á ONG encarou esta proposta a súa fase decisiva: que Save the Waves recoñeza a aposta desta comarca coruñesa entre todas as candidaturas presentadas. De lograrse, sería todo un fito, pois a Costa da Morte codearíase con destinos tan internacionais como Punta Borinquen (Puerto Rico), Punta de Lobos (Chile), Malibu (California), Ericeira (Portugal) ou Noosa e Mainly Beach (Australia).

Desenvolvemento económico

Hai tempo que o surf deixou de ser unha actividade residual na Costa da Morte, un mero pasatempo, para converterse nun activo a nivel comarcal, nunha vía de desenvolvemento social e económico. Co obxectivo de explotar as sinerxias entre o deporte e o turismo, así como de estimular a xeración de riquezas na contorna, a comarca aspira a ser Reserva Mundial de Surf, unha candidatura que dende a consultora que colaborou na primeira fase do proxecto ven factible «a medio prazo». Non será doado, máis a Costa da Morte parte con vantaxe respecto a outras aspirantes nalgúns aspectos: o espazo natural está moi protexido, pois nesta zona cúmprense tódalas restricións medioambientais (algo moi valorado pola ONG Save the Waves, que expide os recoñecementos) e, ademais, é moi dificilmente masificable dada a súa amplitude. Mentres outras candidaturas se constrúen en torno a zonas moi acotadas, ou mesmo a un único areal, a Costa da Morte é un basto territorio ateigado de praias aptas para a práctica deste deporte e con ondas de gran calidade.

Nemiña, Caión, Soesto ou Razo son só algúns dos paraísos que cada ano son frecuentados por centos de surfeiros afeccionados e profesionais que non perden a ocasión de gozar dun litoral cheo de variedade. Pois, se algo caracteriza esta candidatura respecto doutras zonas —como a costa portuguesa— é a súa heteroxeneidade en canto ás ondas. A configuración das rías propicia que, en apenas media hora de coche, un surfista se tope con ata dez areais propicios para a práctica deste deporte.

Os areais incluídos na candidatura son os seguintes: Caión (A Laracha), Baldaio e Razo (Carballo), Malpica e Seaia (Concello de Malpica), A Tremosa (Ponteceso), Soesto e Traba (Laxe), Nemiña (Muxía) e O Rostro e Mar de Fóra (Fisterra).

Dumbría se hace internacional con la cuarta Vuelta por O Ézaro

M. Rodríguez

La etapa por la Costa da Morte será una contrarreloj de 33,5 kilómetros

La Vuelta regresa a la Costa da Morte este año con una etapa contrarreloj de 33,5 kilómetros que partirá de Muros para terminar en uno de los finales más duros y a la vez emblemáticos como es el mirador de O Ézaro, en Dumbría. Los ciclistas deberán dejarse la piel para subir una pendiente del 30% de desnivel. No obstante, si logran la hazaña, se verán recompensados por unas espectaculares vistas al Río Xallas que desemboca en cascada al mar, y que ya fue un referente en ediciones anteriores. Concretamente, en los finales de etapa de los años 2012 y 2016, que coronaron a Purito Rodríguez en un apasionante duelo con Contador y a Alexander Geniez, respectivamente, y en el puerto del 2013, cuando transcurrió la Etapa do Fin do Mundo.

Seguir leyendo

 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O Surf, carta de presentación da Costa da Morte en Fitur