«Mirade para o caudillo, que tamén dou titulares por cambiar de domicilio»

Lupe Blanco

CARBALLO

MATALOBOS

A regueifa da semana, por Lupe Blanco

29 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe boto a regueifa

aínda que a algún faga dano,

toca facer o repaso

do melloriño do ano.

Os tempos serán chegados

nesta era futurista,

a personaxe do ano

é unha nena ecoloxista.

Benvida, querida Greta,

conseguiches boa audiencia,

coa imaxe que reflexa

espertou moitas conciencias.

Foi un ano de conflitos.

a xente non quere tratos,

eu penso que en Catalunya

o asunto vai para rato.

Ninguén vai baixar da burra,

ese tema segue quente,

mentres no resto de España

seguimos sen presidente.

Vai rompendo a unidade,

mirade para o caudillo,

que tamén dou titulares

por cambiar de domicilio.

Houbo noticias abondo,

pero non todas son boas,

vimos arder Notre Dame

e tamén o Amazonas.

Non faltaron as protestas,

que o mundo non está contento,

se miramos cara Chile

creo que é o gran exemplo.

Aquí hai cousas que non cambian,

coma os montes de eucaliptos,

seguen encallando barcos

e aparecen submarinos.

Tampouco paso por alto

o que toca mellorar,

no tema da violencia

aínda hai moito que cambiar.

Pero seguimos loitando,

hai que facer os deberes,

acabáronse as escusas

cos dereitos das mulleres.

Pido para o 2020,

e de todo corazón,

que teñamos mais civismo

e tamén educación.