Cándido Fuentes: «Si que tratei ao arcebispo Romero de Lema, asistíao na misa cando aínda era en latín»

Juan Ventura Lado Alvela
J. V. Lado CEE / LLA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Este baiés muy implicado en las cuestiones vecinales da cuenta de lo que ha sido la historia de su pueblo y la suya propia durante los últimos decenios

08 ene 2020 . Actualizado a las 21:54 h.

Cándido Fuentes López llegó a fundar su propia empresa eléctrica y vive tranquilo la jubilación entre A Coruña y, sobre todo, Baio, donde ayer celebraba con su esposa, Carmen Corral, el aniversario de boda. Sin embargo, los comienzos, como para casi cualquier niño del rural gallego de posguerra, no fueron especialmente fáciles.

«Eramos nove irmáns, 12 persoas na casa e aínda sorte que tiñamos unhas leiriñas, pero había que traballar todo o mundo. O que se facía todo se ingresaba na casa, non se quedaba con nada, así que eu fun aprender a zapateiro co pai do que agora ten aquí en Baio Calzados Paco. E despois xa traballei como electricista toda a miña vida. Tiñamos aquí un mestre, Platas, moi querido por todo o mundo, que era o pai de Antonio, do coñecido avogado que é amigo meu. No 50 e algo puiden ingresar na escola acelerada. Aínda que estivemos cinco ou seis anos sen escola nacional, porque o mestre marchara, non é por dicilo, pero creo que ía un pouco preparado co que nos ensinaban aquí, que era sobre todo a xente maior que nós que xa sabía algo, coma meu irmán máis vello», relata Cándido sobre aquella etapa formativa que daría paso a una carrera exitosa de 10 años en Isolux, otros 14 en una empresa en la que le hicieron encargado e incluso llegaron en un momento a doblarse el sueldo y luego en la suya propia. «Estoulle moi agradecido á vida e a moita xente da Coruña, de Zas e de toda a zona, coa que sempre tiven un gran trato. Miñones [otro empresario eléctrico], por exemplo, é moi amigo meu», resume Fuentes sobre la carrera que le permitió comprar el piso de A Coruña, hacer la casa de Baio y formar su familia «con tranquilidade».

Antes, y sobre todo después, de jubilarse, en un momento también histórico, Cándido mantuvo una importante implicación vecinal, que en cierto modo continúa ahora a través de la coral de la que fue presidente. «Eu xubileime aos 65 anos aínda en pesetas pero xa empecei a cobrar a primeira pensión en euros», detalla Cándido, que está encantado con el coro y todas las posibilidades que les ofrece. «Fómoslle cantar á Almudena a Madrid cando morreu o bispo Uxío Romero. Eu coñecino e mesmo dende a asociación de veciños lle fixemos unha homenaxe que foi a única que tivo aquí en Baio. Había unha fonte que botaba auga fóra todo o ano e entón decidimos facela, que é a que agora está ao lado da caixa de aforros. Para as canalizacións non tiven problema porque unha leira era de meu padriño, outra de Muíño da carnicería e así. Despois foi cando morreu Pepe de Valiña e cando se inaugurou a fonte pois queixemos que viñese o bispo e que fose tamén unha homenaxe para el. Fixéranse unhas invitacións para saber a xente que íamos ser e eu aínda gardo a dedicatoria que me fixo nela con moito cariño», cuenta.

Y no es el único recuerdo que conserva de un alto cargo de la Iglesia, porque, como él mismo explica, conserva nada menos que una copia del testamento del arzobispo Maximino Romero de Lema. «Coñecino moito e si que o tratei porque eu tamén fun monaguillo e asistíao na misa cando aínda era en latín e se daba de costas, que foi ata o ano 64 cando no concilio se cambiou a dala nas linguas vernáculas e de fronte. De feito, dende a miña casa agora miro pola ventá e vexo a del, que era a máis rica de cantas había por aquí. Segundo me contaron, porque iso eu si que non o vivín, don Maximino xa era avogado e estaba en Alemaña preparándose aínda máis para a súa profesión, cando veu para facer a guerra. Ao acabar a guerra estaba na casa e súa nai, unha señora que xa levaba moitos anos viúva, que o vía triste e compunxido, díxolle: ‘Nino, hai que se poñer a traballar’, porque a casa era grande e tiñan sitio dabondo para poñer un despacho de avogados. A el viñéronlle as bágoas aos ollos e díxolle que o que realmente quería era ser cura. E así foi como foi para vocacións tardías a Salamanca, onde aínda conservan unha sala co seu nome», relataba ayer por la tarde Cándido desde su casa de A Cacharoza, donde estaba de aniversario con su mujer y su familia. «A nosa voda, da que fai anos precisamente hoxe [por ayer], día de Nadal, foi a primeira de Baio que se fixo fóra da casa, que era como se facían daquela todas. Fixémola en Casa Cruz e foi nestas datas porque como meu irmán estaba en Suíza sempre aproveitabamos para as celebracións. Aínda que a miña muller é de Oseiro, quixo casarse aquí en Baio porque nós tiñamos moita familia e iso, e aquí estamos», resume Cándido Fuentes para ejemplificar un matrimonio y una vida que se lo ha dado todo.