A Deputación converteuse no embaixador do Camiño Inglés con múltiples eventos

A ruta atravesa 18 municipios


Nos últimos anos, a Deputación da Coruña apadriñou o Camiño Inglés con especial celo e mimo. A ruta, que parte de Ferrol e a cidade da Coruña (se ven o inicio real está nas terras inglesas de Durham), atravesa 18 municipios da provincia, o que o goberno provincial aproveita para facer promoción colectiva destes concellos. Deste xeito, anualmente realízanse mostras dos produtos típicos e recursos paisaxísticos e culturais baixo o nexo común do Camiño Inglés, eventos celebrados na propia provincia e que promove a Deputación. O primeiro deles celebrouse na praza do Campo de Betanzos, e o último na alameda de Pontedeume.

Este ano que está a piques de rematar foi tamén o da promoción internacional, xa que representantes provinciais participaron en novembro no World Trade Market (WTN) en Londres, un punto de encontro de profesionais, produtores e empresas onde se amosan as novidades e plataformas do sector turístico.

Por primeira vez, a Deputación participou nesta feira cun posto propio, dedicado especialmente á ruta inglesa do Camiño de Santiago, incluíndo o tramo Fisterra-Muxía. Na mesma estadía londinense, os representantes da Deputación reuníronse coa ministra de Turismo en funcións, Reyes Maroto, nun encontro organizado por Tourespaña.

Tamén a stand da Deputación comeza ser un habitual en Fitur (en Madrid), o principal escaparate do turismo en España, e onde acolle a numerosos concellos da provincia. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que a institución provincial «ven traballando hai tempo na promoción e mellora das infraestruturas dos camiños xacobeos que discorren integramente pola provincia da Coruña».

Vive Camino

Toda la información sobre el Camino de Santiago en Vive Camino

Votación
0 votos
Comentarios

A Deputación converteuse no embaixador do Camiño Inglés con múltiples eventos