A Fundación Eduardo Pondal festexa o 112.º aniversario da estrea do Himno Galego

La Voz

CARBALLO

J. M. CASAL

Ademais da estrea dun vídeo de Omar Rabuñal, está previsto un recital de poesía no IES Eduardo Pondal

20 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Fundación Eduardo Pondal, conxuntamente co Concello de Ponteceso, festexará hoxe o 112.º aniversario da estrea do Himno Galego.

Como parte do programa está prevista a divulgación, a través das redes sociais, do vídeo realizado polo director Omar Rabuñal da interpretación do himno por parte da cantante vimiancesa e vocalista de Luar na Lubre, Irma Macías.

Ademais, a partir das 10.00 no salón de actos do IES Eduardo Pondal, 112 alumnos do colexio de educación primaria e 3.º da ESO recitarán poemas de Pondal, que serán combinados coa música tradicional dos gaiteiros do Centro Coreográfico Galego. Xuntos interpretarán o Himno como remate final.

O Concello editou, con este motivo, un cartel conmemorativo do aniversario.