Unha vida na estrada educativa

celestino fernández valiña

CARBALLO

ANA GARCÍA

En primeira persoa | Tino de Perdiz, de Baio: «Foi chofer de Casa Cruz, e ía con Teresa, nun Renault 5, ao Muro, a comprar marisco e peixe para as vodas, e logo iamos todos a tomar os churros ao Bonilla»

15 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Un día de primavera aló polo ano 1955, comentouse en Baio Pequeno que Celestino de Perdiz, o taxista, e Carme, a modista, tiveran un meniño. A este neno, como mandaba a tradición, puxéronlle o mesmo nome que o pai, Celestino, pero por iso da confusión chamáronlle Tino, claro, Tino de Perdiz, outro perdisinho máis. 

Este Tino comezou os seus primeiros estudos nas Escolas Agra Regueiro de Baio co mestre Platas (onde tiñas que aprender as poesías para María Goretti de tal forma que non se che esquecían na vida). Ós doce anos foi para Coruña onde logo de pasar por unha academia privada, San Rafael, faría o exame de ingreso no instituto masculino, hoxe chamado Salvador de Madariaga. Alí cursou bacharel elemental e superior. Logo faría Maxisterio (aínda que a súa ilusión era estudar náutica, pero debido a circunstancias isto non puido ser).

Namentres estudou a carreira fixo traballiños pola Coruña, como por exemplo repartir plátanos nunha furgoneta Sava, logo de descargalos do barco. Tamén pintou algún piso.

Como as oposicións non eran doadas estivo de taxista xunto con seu pai en Baio, Zas e Laxe, unha época inesquecible para aquel rapaz que gravaba en casetes temas das oposicións e os escoitaba entre viaxe e viaxe.

Foi taxista de xente como Isidro Parga Pondal, Maximino Romero, Antonio Platas (fillo), cada viaxe que facía con eles, os curtos, os de lonxe facíaos o pai, aprendía moito. Era xente que durante o traxecto ían explicando cousas que se lle preguntaban ou que xurdían, (recorda moitas anécdotas de todos que sería moi longo explicar). De Isidro Parga tamén foi chofer cando lle fallaba o oficial, que se chamaba Bautista (como debe ser). Foi chofer de Casa Cruz, e ía con Teresa, nun Renault 5, ao Muro, a comprar marisco e peixe para as vodas, e logo iamos tomar aos churros ao Bonilla. Ten moi bo recordo desta xente que tan ben o tratou, sobre todo a señora Carme.

Durante dous meses tamén foi comercial dunha fábrica de pantalóns, mellor non recordar. Un fracaso, aínda que lle poñía ganas... Tino era moi feliz no seu pobo, no seu taxi, coa súa xente, incluso tiña moza, pero.... Chegou a época da mili, e aínda que fixo mil cousas para escaquearse non foi posible (aquí podemos poñer parrafeos da canción de Víctor Manuel El Cobarde, que lle van moi ben). Pois aló se foi para os Pirineos e logo en Xirona. Aínda conserva as cartas que lle escribía a seus pais e á moza, cheas de morriña e soidade pola terra da que tan lonxe estaba: era a primeira vez que se afastaba do que tanto quería, pero ben, mentalizouse de que había que pasalo, e así foi como cortaron ano e medio a súa xuventude en algo que non comprendía que facía alí.

Cando veu da mili foi a Canarias a presentarse ás oposicións para mestre (había máis prazas), pero alí aproveitou para facer algo de turismo e as oposicións non se aprobaron, de regreso seguiu co taxi ata que por fin aprobou as dichosas oposicións. Comezaría así, como todos, unha peregrinación por colexios da zona e algún de fóra. Estivo nos colexios de Cabana, A Agualada, Baio, na unitaria de Leduzo-Cerqueda (Malpica), no Eusebio da Garda, en Mosteirón (Sada)... Recorda que estaba en Leduzo celebrando os carnavais e chegou seu pai no taxi para comunicarlle que Oliva (a súa dona) tivera «outro neno». O Tino seguiu coa clase e cando rematou foi ver ao fillo. Por certo, daquela -penso recordar- que daban tres días de permiso, pero a Tino ao coincidir cos carnavais, non tivo ningún. E no medio disto tamén tivo tempo para formar parte de algunha asociación do pobo e de meterse en política, grazas á cal fixo grandes amigos e coñeceu o Concello polo miúdo, xa que había que dar mitins polas parroquias e pedir o voto, como era mester.

Despois pasou moitos anos en Vimianzo, onde durante oito foi director do CEIP San Vicenzo (alí deixou grandes amigos, entre outros Moncho Gándara ou Lito, que tan ben o aconsellou grazas á súa experiencia). Recorda, falando deles, que un curso foron de excursión cos rapaces por Andalucía e estando na habitación comentaron que que diría algún político de entón se se descubrise que na mesma habitación estaban un do PSOE, un do BNG e un do PP.

Estivo dous anos no Centro de Recursos de Vimianzo, onde se atendía principalmente ás escolas unitarias da zona, sobre todo no que se refire a temas de reprografía, gravar algún que outro vídeo dos Batáns (con Moncho Gándara), de Pepe Carballude no colexio de Zas, festivais dos colexios... Logo de pasar polo IES Terra de Soneira, conseguiu praza no seu pobo, no IES Maximino Romero de Lema, onde xa leva uns cantos anos e onde ten unha verdadeira familia que aínda que non os nomee, eles ben saben a quen se refire Tino de Perdiz.

Celestino, Tino de Perdiz, nació en Baio Pequeno en 1955. El apodo, que fue a Brasil y volvió de allí, le viene de su bisabuelo. Su padre tuvo un autocar y fue taxista, y Tino también le echó muchos kilómetros en la carretera. Es maestro desde 1981, y ha pasado por Cabana, Cerqueda, A Agualada, A Coruña, Sada, Vimianzo (colegio e instituto) y Baio, en cuyo instituto lleva ya 14 años de profesor, y donde es secretario. Ha participado activamente en la vida asociativa de Baio, y también en la política de Zas, donde fue concejal nada menos que 16 años. Los ocho primeros, en el PSOE. Y los otros, repartidos: cuatro de independiente y cuatro con el PP, sin llegar a afiliarse, ya que se mantuvo en el grupo por amistad con Ernesto Rieiro, en años curiosos en los que populares e independientes se alternaron las siglas, sobre todo por temas personales. La política hace mucho que quedó atrás.