Vocación de servizo público


Hoxe pensei que, se tantas sufraxistas loitaron para que votásemos, quen era eu para absterme con tanta insolencia. Non obstante, como moitos dos que hoxe acudiron aos colexios, non me sinto representada por ningún partido dos comicios. Non concibo a política tal e como se expón. A política debería ser prestixio, respecto a quen a profesa. Hoxe en día é sátira, corrupción e un modo de gañar a vida. A política debería ser para calquera un servizo puntual. A política non se debería «demonizar» así, como unha profesión vitalicia. Estou cansa dos estereotipos que todos os partidos lanzan cara os mozos novos. Non debemos ser abocados a un voto útil. Non somos grupos de fácil manipulación, temos o suficiente sentido crítico e uso de razón para decantarnos. Eu non valería para ningunha formación política, saltaríame a cada pouco o pensamento de partido. Non podería facer outra cousa cando vexo que as cidades compiten polo alumeado de Nadal, namentres non se pensa nos que vivirán as festas sen familia, na rúa, sen comida quente e roupa de abrigo. As luces son preciosas, pero eu prefiro alimentar aos que teñen fame e ver o firmamento, que brilla o suficientemente forte para min. Tampouco creo que a política sexan os mitins de grandes ágapes e ringleiras de autobuses. Non todos nacemos iguais, coas mesmas oportunidades e dereitos como versa o artigo I da Constitución. Ninguén parece querer facer nada por axudar a paliar a desigualdade. A xente vella di que todos nacemos cunha estrela que marca o noso destino, sen podelo cambiar, como unha sentenza firme chea de resignación. Eu renego desa sentenza, sería como admitir que as cousas no mundo non se poden mudar. Prefiro pensar que o destino o construímos nós.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Vocación de servizo público