Eleccións


Ainoperancia ou ineficacia dos políticos elixidos para o Congreso de Deputados hai uns meses deixounos orfos de maiorías e sen un Goberno en condicións para administrar con xeito un Estado que ten as tubaxes gastadas e ten unhas cantas goteiras. Por non ser quen de feirar nin de chegar a acordos, os congresistas fan que o domingo teñamos que volver ás urnas. Para os que vivimos os últimos anos da ditadura votar é moito máis ca un dereito. É coma o que pasou fame toda a vida, que sempre tenta de que non falte comida na súa casa, para el e para os achegados. Por iso é difícil de entender algunhas cousas que se din. Como as de que incluso se faría difícil ou moi complicado escribir esta mesma columna no idioma que lle aprendín a miña nai dende o berce. Ou que esa muller do bar da miña rúa que algúns días me sirve o café e que lle bota unhas risas ben amables coa xente que vai contando as aventuras ou desventuras da súa vida non puidese estar con nós porque se lle terían pechado as fronteiras. Ou os que din que non se debe facer nada para evitar que as mulleres que sofren en silencio a violencia e a inxustiza das súas parellas, dos seus compañeiros ou dos violadores. Ou que os de fóra son delincuentes cando aquí os cárceres sempre estiveron ateigadas e que, como en todas partes, hai e houbo xente excelente, moi boa, boa, mala e peor, como en todas partes. Non sei, pero dende 1975 neste país cambiaron tanto as cousas e para ben que non se entende por que hai persoas que queiran montar no poldro da barbarie para retornar a uns tempos que só os que os sufriron de verdade saben os pesares vividos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

Eleccións