O CEIP da Ponte do Porto, premiado por como festexou as Letras Galegas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

CAPOTILLO

Recibirán o premio na sede da RAG o vindeiro 15 de outubro

10 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O colexio de infantil e primaria da Ponte do Porto foi recoñecido pola Real Academia Galega polo programa impulsado no centro de cara ao festexo polo Día das Letras Galegas. Foi, xunto con outros dous centros galegos, premiado no marco do proxecto Primavera das Letras, que recoñeceu os traballos arredor da vida e obra de Antonio Fraguas. No caso do centro camariñán, ademais de celebrar un festival, emularon as súas investigacións etnográficas e recolleron nun libro exemplos do patrimonio inmaterial do seu entorno. A entrega dos premios terá lugar o 15 de outubro na sede da RAG.