María Canosa atrévese cunha guía de viaxes

La Voz

CARBALLO

NOVIDADES LITERARIAS | Vén de publicar «A peregrina gastrónoma», sobre o Camiño Inglés. A ilustración é obra de Miguel Cerro

14 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

«A peregrina gastrónoma» • María Canosa (texto) e Miguel Cerro (ilustración) • 120 páxinas • Somos libros • Para viaxeiros curiosos de calquera idade; para todos os peregrinos do Camiño; para aqueles que queiran coñecer o Camiño Inglés, saír das rutas oficiais e camiñar máis alá das estradas secundarias; para os amantes da gastronomía; e mesmo para todos aqueles que queiran preparar unha viaxe cultural e espiritual. Para todos os mencionados vai a nova obra da escritora ceense María Canosa, que a contos, novelas, poemas e tantos outros xéneros que ten tocado une agora... ¡unha guía de viaxes! Publicada por Somos Libros, o libro leva por título A peregrina gastrónoma e con el percorre a historia e os recunchos máis emblemáticos do Camiño Inglés. A ilustración da obra, cun importante peso nas 120 páxinas, corre a cargo de Miguel Cerro. E que contan eles? Pois a historia de Tara. «Ao baixar do barco na Coruña non ten previsto facer o Camiño, mais unha decisión fortuíta cambia os seus plans. Paso a paso, sacia a curiosidade e o apetito», contan dende Somos Libros. Enxeñeira e escritora, María Canosa vén a aumentar deste xeito unha prolífica creación literaria, abríndose a novos eidos.