O colexio da Ponte do Porto gaña o premio RAG das Letras

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

CEDIDA

A entrega do galardón será o día 15 de outubro: participaron todos os alumnos

12 sep 2019 . Actualizado a las 19:29 h.

A comunidade educativa do colexio de A Ponte do Porto viu premiado o seu traballo do Día das Letras. Foi no concurso convocado pola Real Academia Galega. A entrega do premio será o día 15 de outubro.

Nos días previos ao 17 de maio os rapaces recolleron nas súas casas información sobre o xeito de vivir as festas. Trouxeron ao colexio desde cantigas aprendidas das avoas ata poesías ou receitas. Tamén costumes e tradicións do que se facía nas celebracións máis importantes. Foi un xeito de recoñecer o importante traballo desenvolvido por Antonio Fraguas, ao que estivo dedicado o día deste ano.

O colexio de A Ponte do Porto ten uns 150 alumnos e no traballo premiado participaron todos, desde os de infantil ata os de sexto.