O Pico de Meda e as outras atalaias de solpores na Costa da Morte

CARBALLO

Ana Garcia

A posta de sol no cabo Vilán de Camariñas vén de ser elixida como a mellor nunha enquisa

10 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Nestes días nos que se pode ver o último solpor de Europa continental, cómpre ter claro que hai moitas atalaias dispoñibles para facelo e que a altitude do punto de observación é determinante. O Pico de Meda, en Zas, entre as parroquias de Gándara e Carreira, é unha das principais atalaias da zona, tamén dos seus solpores. Ten 567 metros de altitude, e as súas coordenadas son: 43º 6’ 53” norte ? 8º 52’ 7” oeste. Está 25’ 45” de arco máis ao leste (ou sexa, máis metido no continente) que cabo Touriñán. Dado que á nosa latitude un minuto de arco equivale a 1,35 quilómetros, isto implica que o Pico de Meda (Bico de Meda, historicamente) está uns 34,75 quilómetros máis metido para o interior (comparamos de meridiano a meridiano) que cabo Touriñán.

Malia isto, dada a súa altura, a distancia ao horizonte dende o Pico de Meda é de 85 quilómetros. Como o horizonte dende a base do faro de Touriñán é de 30 quilómetros, temos que (restando os 34,75 km que ten o Meda ata a última liña de costa) dende o Pico de Meda a liña de horizonte sobrepasa nuns 20 quilómetros á do faro de Touriñán. O solpor veríase, así, máis tarde que dende a base dese faro.

Comparando con outras atalaias distinguidas da Costa da Morte, a súa amplitude de horizonte é comparable á do monte de San Bartolo (Salto-Vimianzo), que cos seus 407 metros de altura ten un horizonte de 72,5 quilómetros e está medido uns 23 cara ao interior con respecto a cabo Touriñán. Ao Pico de Meda supérano o monte Pindo e, por un pouco tan só, o monte Veladoiro do cabo da Nave (Fisterra): o horizonte dende alí é de 54 quilómetros, que, sumado aos algo máis de 34 que ten máis ao oeste que pico de Meda, danlle unha escasa marxe duns tres quilómetros. Con todo, para a observación de solpores na zona central do verán (onde o sol se oculta máis ao norte), esa vantaxe desaparecería.

Las mejores atalayas, en la Costa da Morte

Algunas de las mejores atalayas gallegas para disfrutar las puestas de sol están en la Costa da Morte. Sobre todo estos días, hasta el 19, ya que es aquí donde puede el último atardecer europeo, un patrimonio comarcal. Por el mar, de Caión a O Ézaro, de Razo a Fisterra, de San Adrián a Touriñán, Laxe, Roncudo o Vilán, por citar solo unos cuantas. Por tierra, de Monte Neme al Pico de Meda, del Chan das Lagoas al Monte Faro, los lugares con vista prodigiosas abundan. Y no aburren.

ANA GARCÍA

Cabo Vilán, elegida la mejor en una encuesta

Hay muchas zonas con puestas de sol espectaculares, y Cabo Vilán son duda es una de ellas. Fue la opción más votada por los lectores de La Voz en una encuesta de la edición digital la semana pasada: de los más de 2.500 votos recibidos, más de medio millar fueron a Camariñas, en una larga lista de enclaves gallegos. Curiosamente, Vilán había salido ganador en una encuesta anterior sobre los faros más bonitos. foto ana garcía