O profesor Takekazu Asaka leva ao xaponés a fala da Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

PACO RODRÍGUEZ

No seu último traballo tomou como referencia a obra «Costa do Solpor», de Xosé María Lema

27 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Takekazu Asaka, profesor xubilado da Universidade Tsudajuku (Tokio), é o autor da primeira gramática de galego en xaponés (1993), así como responsable no seu país da divulgación de obras de escritores como Códax ou Rosalía. Hoxe visitará Cambados para recoller o Premio Ramón Cabanillas e chegará alí con unha última publicación, Consideracións cunhas formas de cortesía en galego. Para este artigo, ademais de gramáticas e dicionarios, consultou tres obras, dúas de Rosalía e unha do vimiancés Xosé María Lema, Costa do Solpor, onde está presente a fala da Costa da Morte. Asaka levara un exemplar nunha das súas viaxes a Galicia.

Empezou a redactar este traballo de 15 páxinas debido a que, na súa opinión “a maioría dos manuais en lingua galega pasan na punta dos pés ao se referir ás formas de tratamento. Limítanse a sinalar a diferenza entre «ti» por un lado e «vostede» por outro. As referencias a outras formas aínda vivas, moribundas no idioma, son moito escasas. «Grazas a Asaka os ecos da aventura que a goleta Hispaniola na galega Costa do Solpor chegaron ó país do Sol Nacente, ó outro lado do mundo», valora Xosé María Lema.