Música ou ruído?


Que ledicia! Chegan as festas. Esta fin de semana xa tivemos unha boa ración. O Percebe, una celebración gastronómica de gran alcance. Una marea de xente veu gozar dun produto tan xenuíno da Cosa da Morte. Iso na banda do porto. No outro lado da vila, a festa vívese con motivacións diversas. Cada quen vai ao seu. O Asalto ao Castelo converteu Vimianzo na capital da Idade Media. O pobo revive séculos pasados grazas ao seu tesouro, unha fortaleza medieval. Unha celebración con fondas raíces na historia. Unha festa singular que ningún outro pobo da contorna pode celebrar porque non ten o escenario, nin físico nin temporal, nin a crónica do pasado como ten a capital de Soneira, a gloria de ter derrubado as torres do señor. Teñen moita fachenda deste acontecemento. Mesmo a festa xurdiu como unha revolta contra os atrancos á mesma celebración. Pero a rolda da diversión continúa. O luns houbo callos na Faguia de Carnés, outro acontecemento gastronómico enraizada no pasado. Na vella confraría para celebrar o san Cristovo. O prato musical tamén foi de primeira calidade: Mago de Oz. E logo viñeron outros pobos coas súas convocatorias especiais, como a procesión de autos engalanados en Baio. Benvida sexa a diversión, que a vida xa dá golpes dabondo. O que terían que mirar un pouco as comisións son dous temas. Un, o da música. Hai verbenas nas que un no sabe se está escoitando música ou mero ruído, directamente. Iso si, con efectos visuais ata empachar. E a outra, os vasos e os plásticos tirados polo chan. Non din que a xente agora é moi ecoloxista? Onde?

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Comentarios

Música ou ruído?