«Estaba moi segura de que ía gañar as eleccións, pero con tanto apoio, non»

Juan Ventura Lado Alvela
j. v. lado CEE / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCIA

OS NOVOS GOBERNOS | A rexedora de Camariñas, a socialista Sandra Insua, recoñece que houbo roces coa profunda renovación que fixeron e que lles permite ter un equipo novo cheo de ilusión

26 jun 2019 . Actualizado a las 18:22 h.

Cando remate o presente mandato, Sandra Insua Rial, licenciada en dereito da Ponte do Porto, terá 47 anos e levará nada menos que 20 en cargos de responsabilidade municipal, cun partido o PSOE, que vai para 40 de goberno ininterrompido en Camariñas. Está chea de responsabilidade, pero tamén de respaldo, porque na súa primeira ocasión como cabeza de lista logrou o segundo mellor resultado da historia, despois do 1991, cando había moitos máis veciños e viñan centos de votos da Arxentina.

-Agardaba este resultado?

-Estaba moi segura de que ía gañar as eleccións, porque, queiras que non, son 16 anos de experiencia, nas outras listas tampouco había moito..., pero con tanto apoio, dende logo, que non. Acadar 2.070 votos, máis do 60 %, e cun equipo renovado, a verdade é que foi espectacular.

-Conseguiu esa renovación sen montar un Cristo?

-Bueno, algúns cristiños si que houbo. Non é que eu puxese fóra a ninguén. Eles decidiron non encadrarse na lista tal como eu a propoñía e seguín coa miña opción, pero na primeira opción si que estaban todos. Ao final houbo unha renovación completa porque só seguimos Sergio [Caamaño] e máis eu e parece que á xente non lle desgustou. Claro que poño de menos a xente coma Juan Carlos [Canosa]. Nestes primeiros días, sobre todo, nótase bastante porque hai moitas cousas que están da súa man. Chámoo cando me fai falta -é enxeñeiro e seguramente o precisemos na dirección dalgunhas obras-, pero agardo que os veciños non noten a diferenza. Por outra parte, temos xente nova, chea de ilusión, que son moi coñecidos nos seus lugares e que, por exemplo, foron apostas claras, como a de Fabián, un rapaz que con 30 anos ten as súas oposicións feitas é profesor...

-Como veñen os novos?

-Ilusionadísimos. Hai que darse conta que eu cando remate o mandato xa van ser 20 anos e igual volvería a facer todo sota, cabalo, rei. Agora, por exemplo, teño a Begoña [Tajes] que está chea de ganas e chámame a cada minuto por todo. Ao mellor hai un farol avariado e eu digo que hai que amañalo, claro, pero para eles xa ten que ser agora mesmo. Fixemos unha aposta grande por eles, temos un equipo unido completamente e gañamos moito en ilusión.

-Que necesidades de persoal ten o Concello?

-Esperemos que Pedro [Sánchez] poda ser presidente, que tal como están as cousas xa non sei, e cambie un pouco a lei das taxas de reposición, porque está feita para a crise e nós, por exemplo, atopámonos con moitas baixas por xubilación. Estou quedando practicamente sen operarios de obras. Teño tres e un deles con 62 anos. Todo é ir á empresa privada e a concurso, que sae bastante máis caro, atrásase todo e non é coma o traballador municipal que ten outra percepción, sabe o que estás facendo por mellorar o Concello e se hai que pagarlle unhas horas extra, páganselle. A empresa vén, fai aquilo e marcha. Despois os contratos se son continuados ou pasan de 15.000 euros xa te atopas cun reparo e temos moitas carencias: técnica do museo, policía local...

DIEGO ALONSO FREIRE

Vai co cargo: máis preguntas

-Quen foi a primeira persoa en felicitalo trala sesión de investidura?

-Pichurri.

-E a primeira chamada de teléfono?

-Meu padriño, que estaba no pleno de investidura de Mónica [Rodríguez] en Vimianzo, porque eu teño moita parte da familia alí.

-Empregará coche propio ou do Concello para os seus desprazamentos?

-Temos coche. Por exemplo, este día para ir ao da Bandeira Azul fomos no coche do Concello, pero se vou eu soa, vou no meu.

-Como leva o do vestir? Pensa renovar vestiario?

-Nos actos e iso vou tratar de levar sempre algo de encaixe. Pichurri iso facíao moi ben e como xa andaba todos os días de traxe, porque se sentía cómodo así, nunca o collían de imprevisto.

-Quen escolle a roupa cando vai mercar?

-Eu, evidentemente, aínda que ás veces tamén teño algo de asesoramento de miña nai.

-Terá tempo para facer exercicio?

-Non lle podo meter a culpa á alcaldía, porque a verdade é que xa non o facía.

-Irá de vacacións este verán?

-O sábado da Barca vou coller unha semaniña coma sempre. Máis non podo porque como tamén teño o do hotel teño que andar por aquí, porque sempre recorren a min un pouco para todo.

-Que lle falta ao seu despacho?

-Ao meu despacho non, ao Concello enteiro, que xa sabes ben como está. Faille falta un ascensor, pintar, quitar a moqueta...

-Que tiraría do que hai?

-Está todo moi mal, vello, deteriorado. Fainos falta unha zona de arquivo porque calquera día vai un coller un papel e cáelle todo por enriba.

-Con quen manterá a primeira entrevista de traballo?

-Espero que co presidente da Deputación. A nivel local xa tiven cos concelleiros, asociación de veciños de Camelle, asociación de empresarios, os do fútbol, os do Carme,... o despacho é un fervedoiro...

-Vai seguir levando a Mostra directamente?

-Non, vai ser Encarna [Liñeiro] a concelleira delegada, aínda que ao longo do mandato non descarto que poida pasar a Lara [Pasantes], que sempre lle fixo moita ilusión e agora mesmo non pode por temas familiares.

Los retos de este mandato

Centro de día. Fue la principal promesa electoral e Insua espera tener muy pronto una entrevista con el presidente de la Deputación. «Tamén -añade- teño preparada unha pequena memoria para reformar a Casa Consistorial por dentro porque está fatal. Penso que Valentín nos vai ter que ver bastante a todos os da zona de aquí», sonríe.

Paseos. «No de Camariñas xa está todo expropiado e os terreos listos para por a disposición de Costas. No da Ponte hai que habilitar unha partida de cartos e por de acordo aos propietarios para comprarlle. Xa falamos con Eimil de, ao mellor, modificar un pouco o proxecto que estaba con madeira e senda polos dous lados, cando ao mellor se pode facer cun pavimento compactado por algo menos de cartos», explica la alcaldesa que, sobre todo, quiere ir a soluciones duraderas y que no supongan una renta inasumible para el Concello en cuestiones de mantenimiento. Por ejemplo, considera que va siendo hora de tener una opción estable para Reira para evitar que, año tras año, los temporales lo destrocen todo y haya que seguir invirtiendo. En cualquier caso, todo está a expensas de que Pedro Sánchez asuma como presidente del Gobierno y puedan ponerse a hablar ya más en concreto con la Demarcación de Costas.

Auditorio. «O único que temos é a Casa de Pedra e este día no peche das escolas de baile morriamos de calor. Tampouco temos un sitio como é debido aínda que fose noutro punto do Concello, porque a Casa do Alemán de Camelle apenas dá para unha pequena obra de teatro», señala Insua, que pretende la cesión por parte de la Xunta de Galicia de la Lonxa Vella. Cree que si, como ella espera, Gonzalo Caballero se convierte en el nuevo presidente autonómico, ese ilusionante proyecto de convertirla en un auditorio estará más cerca.

Mantenimiento. En el pleno del lunes va a crear una concejalía delegada específica de Limpeza e Ornato de la que se ocupará Germán Camiño. Cree que, a lo mejor, hay que renunciar a tantas zonas ajardinadas y apostar por una mejor conservación de los bienes existentes, como la Praza do Concello o el entorno de la iglesia, para la que tienen aprobados ya 214.000 euros del POS del 2018 y de la aportación municipal, para ejecutar la obra junto con la calle de O Sixto.

Turismo. «Para nós é importantísimo que a autovía chegue ata Calo. Non temos ao mellor o tirón de Muxía e Fisterra, pero nos últimos 4-5 anos notouse un repunte moi grande no turismo», dice Insua, que cree que tienen que aprovecharlo mejorando sendas, señalización y el tirón de la Mostra y el Camiño dos Faros.