Vai co cargo: máis preguntas

La Voz

CARBALLO

18 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

-Quen foi a primeira persoa en felicitalo trala sesión de investidura?

-A familia que estaba no salón de plenos.

-E a primeira chamada de teléfono?

-Se lle digo a verdade non o sei, porque tiven o teléfono apagado. Cando o acendín tiña centos de chamadas e wasaps.

-Empregará coche propio ou do Concello para os seus desprazamentos?

-O meu, un Volkswagen Golf.

-Como leva o do traxe? Pensa renovar vestiario?

-Non, para nada. Vestirei como ata o de agora: sport no día a día e irei algo máis de traxe naqueles actos que así o precisen. Non vou cambiar por ser alcalde.

-Quen escolle a roupa cando vai mercar?

-Decidimos entre a miña muller e mais eu, pero tamén me deixo asesorar.

-Terá tempo para facer exercicio?

-Si, quero manter certas rutinas como ir correr dúas ou tres veces á semana ata a capela de santo Hadrián.

-E o de seguir en Malante?

-Son presidente de Malante e tereino que deixar. Primeiro porque é incompatible co cargo de alcalde, e logo porque supoño que ser alcalde supón viaxar, estar en cincuenta cousas, que mo van impedir. Pero Malante será sempre Malante e apoiareina sempre que poida.

-Irá de vacacións este verán?

-Non, imposible. Acabo de chegar á alcaldía e teño moito traballo por diante en todos os sentidos. Ademais agora comeza a tempada de verán e o turismo para Malpica é sagrado.

-Que lle falta ao seu despacho?

-Cambiar a cadeira, porque a que teño agora está moi gastada, ademais de ter o respaldo moi botado cara adiante.

-Que tiraría do que hai?

-Nada, a verdade. Tampouco me fixei moito niso, pero, en principio, nada.

-Con quen manterá a primeira entrevista de traballo?

-Cos traballadores municipais. Aínda que coñezo a moitos deles, quero presentarme formalmente, intercambiar impresións con eles e coñecer de primeira man as súas demandas e inquedanzas.