O ceense Rafa Vilar gaña o Premio Pura e Dora Vázquez de narración infantil e xuvenil

La Voz

CARBALLO

Convocado pola Deputación de Ourense, o xurado destacou da obra a gran calidade da súa prosa

13 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O escritor de orixe ceense Rafa Vilar (1968) vén de gañar coa súa obra «Os outros oficios» o XVI premio de literatura infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez na modalidade de narración que, dotado con 1.500 euros de recompensa, convoca cada ano a Deputación de Ourense.

O xurado, que deu a coñecer a súa resolución na mañá deste mércores, sinalou que a obra galardoada é «un texto excepcional dende o punto de vista literario, con moito coidado da prosa e con relatos que amosan un gran coñecemento da lingua». Así mesmo os membros do tribunal explicaron que se trata «dunha obra con gran potencialidade para públicos moi amplos, de fácil e agradable lectura, ademais de ser didáctica» e que Rafa Vilar fai nela «unha galería de retratos que mesturan ben o xogo imaxinativo».

Agora, a Deputación de Ourense convoca o XVI Premio Pura e Dora Vázquez na modalidade de ilustración, ao que poderán concorrer traballos baseados no libro gañador de Rafa Vilar. Hai de prazo hasta o 2 de setembro.