Un roteiro literario polos escenarios vitais de Paco Souto

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

José Manuel Casal

Os docentes anotados serán guiados hoxe por Miro Villar e Rosalía Fernández Rial

25 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • A partir das 10.00 horas • A Sección de Lingua do Centro Autonómico de Formación e Innovación (Cafi), coordinada por X. Carlos Rodríguez Pérez, ten organizado para hoxe un Roteiro Literario polos espazos vitais de Paco Souto, poeta e percebeiro malpicán falecido a finais de marzo do 2017. A iniciativa, que botará a andar ás dez da mañá, está pensada para profesorado, e o percorrido será dirixido polos tamén autores Miro Villar e Rosalía Fernández Rial, participando asemade a compañeira de Souto, Emma Abella Cruz; o editor e poeta Paco de Tano (Editorial Caldeirón); as redeiras de Malpica e os oleiros de Buño.

«De acabalo polos camiños da fame / pecorren a cidade branca as súas voces / en cada porta mal venden a vida en cuartillos», tiña escrito Paco Souto no poema titulado As Leiteiras.