María Carmen Vila: «Queremos un lugar digno para as entidades sociais»

A voceira do grupo socialista cre que os carballeses teñen gañas de certo cambio e agarda que o BNG non chegue a absoluta


Carballo / la voz

María Carmen Vila Blanco (1967) repite como candidata do PSOE e faino «con ganas, con ilusión é con forza grazas aos grandes compañeiros que teño». Será segunda vez que lidere unha lista e agora faino con máis pulo porque a súa foi a forza máis votada das pasadas eleccións en Carballo, por riba do PP, .

-Como cre que repercutirán os resultados das xerais nas municipais?

-Non podemos dicir que sexan extrapolables, porque no municipalismo inflúe moito o contacto coas persoas, pero non descarto que os resultados de Pedro Sánchez sexan favorables para nós.

-Como ve o escenario político catro anos despois da súa incorporación á política como cabeza de lista?

-Dá a sensación de que a xente ten ganas dun pequeno cambio ou de que, polo menos, o equipo de goberno non teña a maioría absoluta. Nós temos proxectos, ánimos, capacidade de traballo e queremos demostrar aos carballeses o que podemos facer.

-No seo do PSOE falaron xa de posibles pactos?

-O partido socialista nunhas eleccións sempre sae a ganar. Eu quero ser a alcaldesa de tódolos carballeses e carballesas. Dado o caso de que non chegaramos a iso e houbera unha oportunidade de formar un goberno, primeiro consultaríamos ás bases. A decisión de se habería pacto e en que condicións sería delas, porque son o músculo do PSOE.

-Que destacaría de todo o programa do PSOE?

-Temos moitas propostas sobre distintos aspecto, pero gustaríame destacar unha delas, na que eu teño un compromiso persoal, sería a utilización de terreos municipais para a construción dun centro exclusivamente de acción social. Sería para unha asociación como Afaber, que non é posible que estea pedindo un lugar como caridade. Nese mesmo edificio estarían outras entidades como a asociación contra o cancro, Vieiro, a Cruz Vermella ou Aloumiños. Penso que iso é unha prioridade. Queremos un lugar digno para as entidades sociais, para que podan facer o seu traballo e atender aos enfermos e as súas familias.

A lista

1. María Carmen Vila Blanco

2. Valentín Costa Trillo

3. María Torres Pose

4. César Fernando Varela Novo

5. María Isolina Loureiro Tasende

6. Juan Ramón Rama Pose

7. Laura García Fernández

8. José Pose Souto

9. Cristina Casas Castro

10. Víctor Hugo Rocha Silva

11. Sandra María Rama Pose

12. Jorge Pablo Panteón Rodríguez

13. Sandra Viña Vázquez

14. David Antonio Mato Mariño

15. Karen Noelia Rocha Periscal

16. Sergio García Mancebo

17. Patricia Gesto Pombo

18. José Antonio Vila Lema

19. María Adriana Fernández Vilar

20. María Francisca Fernández Vilar

21. José Antonio Viña Patiño

Suplentes: Oscar Alejandro Torres Pose y Andrea Patricia de León Gamba

A FAVOR / EN CONTRA

  • Cadea perpetua revisable: A favor con matices
  • Aborto: A favor con matices. Son catóilica
  • Investigados nas listas: Teñen que deixar as listas e dimitir
  • Traslado de restos de Franco: Eu sacaríao do Valle de los Caídos
  • Referendo en Cataluña: En contra absolutamente
  • Acollida refuxiados: A favor
  • Eutaanasia: A favor con matices
  • Cambio lei violencia de xénero: Para mellorala
  • Prohibición fumar praias e piscinas: Son fumadora, pero temos que respectar e non botar cabichas
  • Casco urbano a 30 km /h: En contra

PREFERENCIAS

  • A que hora se ergue? Arredor das nove
  • Que almorza? Café solo
  • Prato preferido: A pizza
  • Que non comería? Polo
  • Bebida preferida? Café e caña
  • Equipo de fútbol: Real Madrid
  • Que coche ten? Un Alfa Romeo
  • Unha afección: Ler e calcetar
  • Un lugar: Razo
  • Que tarefas de fogar realiza? As necesarias para sobrevivir

ARTES E LETRAS

  • Escritor favorito: Pérez-Reverte e Frederick Forsyth
  • Último libro que leu: A triloxía do Baztán
  • Última película que viu: Campeones
  • Un artista: Freddie Mercury
  • Un actor: Robert de Niro
  • Unha actriz: Meryl Streep
  • Un cantante: Freddie Mercury, sen dúbida.
  • Tipo de música: Pop español e a música clásica
  • Deporte que practica: Ningún
  • Unha viaxe pendente: A París

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

María Carmen Vila: «Queremos un lugar digno para as entidades sociais»