A ciencia con Festiletras entra

O Couto foi convivencia e aprendizaxe para centos de nenos da zona


carballo / la voz

Mesmo pequenos de primeiro de primaria foron quen de ensinar a «maiores» de cuarto da ESO os seus experimentos. Foi na segunda xornada de Festiciencias de O Couto, organizado pola Fundación Pondal e con escolares de cinco centros da zona, rapaces de tódalas idades que non só compartiron ciencia, tamén demostraron que teñen competencias lingüísticas e sociais abondo para falar con seguridade mesmo diante dun público adulto.

A actividade fai que os alumnos transporten os seus coñecementos, con correspondentes materiais, e sexan capaces de ensinar a outros o que fixeron, o que supón un avance importante na aprendizaxe porque non só deben comprender senón ser capaces de explicar a outros. Todos o fixeron en materias como tecnoloxía, bioloxía, química ou realidade virtual.

Foi unha xornada de confraternidade na que moitos rapaces tiveron a oportunidade de establecer contactos con compañeiros de distintos colexios e mesmo chegaron a intercambiar teléfonos para manter o contacto.

Foi moi boa actividade para os máis pequenos que, por primeira vez, asistían a unha mostra científica, o que fixo que seus profesores se animen a levalos a otras feiras semellantes. Iso foi o que dixeron a maior parte dos docentes que asistiron, polo que está prácticamente asegurado que haberá unha terceira edición. Quedou demostrado que a ciencia con Letras entra e con Festiletras, entra mellor. Para todos os presentes o galego foi un idioma para a tecnoloxía e a investigación, mesmo para Ángel Carracedo, que tamén quixo compartir con estudantes un chisco do seu tempo e do seu saber.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A ciencia con Festiletras entra