Carlos Fernández Concheiro: «O turismo non reverte en que a xente teña traballo»

f. rodríguez / s. g. rial CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

M. RIAL

A carreira electoral | Fernández Concheiro repite candidatura á fronte dos nacionalistas. Di que hai que «mudar a xestión de resignación» do actual goberno local

07 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Carlos Fernández Concheiro (56 anos), concelleiro polo BNG de Muxía, preséntase de novo por esta formación. É arquitecto e profesor, nacido en Vioño (A Coruña) e casado en Muxía. Imparte clases no instituto de Baio dende hai 23 anos.

-Desta vez non se presenta o actual alcalde, Félix Porto. Isto pode influír no resultado?

-Non o sabemos. Tampouco me parece un tema demasiado importante. Nós procuramos que a xente nos vote vendo as solucións que propoñemos. Por ideoloxía, máis que por persoa. Somos unha forza política moi definida, a xente sabe a nosa forma de gobernar noutros concellos, e intentaremos explicarllo durante esta campaña.

-Como ven a situación política no municipio de Muxía dende o BNG?

-Somos un concello que é un caso especial na comarca. Este último mandato recibimos máis de tres millóns de euros extraordinarios polos eólicos. Tería que notarse ese poder económico nestes catros anos, unha oportunidade para investir en futuro. E cremos que foi en grande parte desaproveitada: falta de ideas, e apostouse polo máis fácil, que é o asfalto. Tal vez asfaltar un pouquiño menos (non digo que non haxa que facelo), e ter algo máis de ideas. Estamos como moitos concellos, pero dunha forma un pouco estraña. Cada vez recibimos máis turistas (non é que se fixera moito para recibilos, viñeron por outros motivos), pero por cada un que vén, hai un veciño que marcha. Sufrimos unha deforestación humana que é dificilmente comprensible. O turismo non reverte en que a xente teña traballo e poida vivir na súa terra.

-Que destaca do programa do BNG?

-Propoñemos mudar esa xestión de resignación, de que é o que hai, un afundimento, desaparición, que non ten remedio, o abandono do rural... Queremos mudala por unha xestión de esperanza, unha política que faga realidade o potencia, no noso concello para crear riqueza e fixar poboación, que o ten. Pero está esperando por novas ideas. Nós temos varios eixos que son sinais de identidade dos gobernos o BNG. A protección do patrimonio e a natureza (está todo por facer). Temos insistido moito nos plenos, pero non se fixo nada. Queremos converter Muxía nun referente do turismo de natureza, e propoñemos a concellos da contorna unirnos e crear a reserva da biosfera da Costa da Morte.

A favor / en contra

  • Cadea perpetua revisable: En contra
  • Aborto: A favor
  • Investigados nas listas: En contra
  • Traslado de restos de Franco: A favor
  • Referendo Cataluña: A favor
  • Acollida refuxiados: A favor
  • Eutanasia: A favor
  • Cambio lei violencia xénero: A mellor
  • Prohibición fumar praias e piscinas: A favor. E son fumador
  • Casco urbano a 30 km/h: Si, dende logo

Preferencias

  • A que hora se ergue?: Ás 7
  • Que almorza?: Tosta con aceite
  • Prato preferido: Un guiso que fai meu cuñado
  • Que non comería?: Nada, probei de todo
  • Bebida preferida: Cervexa
  • Equipo de fútbol: O Celta
  • Que coche ten?: Unha furgoneta Volkswagen
  • Unha afección: Ler
  • Un lugar: A praia de Lourido
  • Que tarefas de fogar realiza?: Todas

Artes e letras

  • Escritor favorito: Moitos. Uxío Novoneyra.
  • Último libro que leu: O nascimento de um império, de Pepetela.
  • Última película que viu: Trinta Lumes, de Diana Toucedo
  • Un artista: Luis Seoane
  • Un actor: Carlos Blanco
  • Unha actriz: Isabel Risco
  • Unha cantante: Sés
  • Tipo de música: Toda, de rock a clásica
  • Deporte que practica: Sendeirismo
  • Unha viaxe pendente: Vietnam e China

A listaxe

1. Carlos Fernández Concheiro

2. María José Pazos Liñeiro

3. Faustino Gándara Martínez

4. María Luisa Gerpe García

5. Germán Romero Otero

6. Alexandra Gemma Posse Mora

7. José Valencia Romar

8. Martina Canosa Lema

9. Benito Pose Paz

10. María Merce Barrientos Varela

11. Francisco Javier Suárez Varela

Suplentes: Ana Belén Filgueira Díaz, Jesús Ramón Vilela Martínez e María Ángeles Sánchez Mancebo.