«Vexo concienciación no día a día, pero non sei se iremos algo lentos»

f.r / v.c CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Laura Rodriguez Gesto

ECOVOZ | O actor Luís Iglesia interveu en Radio Voz para falar de asuntos medioambientais e, tamén, de como levan a cuestión no seu fogar

06 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Luís Iglesia Besteiro leva 32 anos dedicándose ás artes escénicas e neste momento está traballando nunha nova serie de Voz Audiovisual, A Estiba. Fixo unha parada para falar de medio ambiente con Radio Voz. ¿Estaremos dando pasos cara un cambio en positivo? «Non o sei, teño dúas nenas na casa e falamos moito disto. Vexo que primeiro os grandes Gobernos están dando as costas pensando que isto é eterno, que o mundo vai durar para sempre. E por outro lado no día a día vexo que hai concienciación, aínda que non sei se non iremos un pouco lentos», manifesta.

Son os máis novos os que a veces dan leccións, algo do que tamén dá testemuña Iglesia: «Si, é como que saltamos un par de xeracións. Comentaba o outro día que creo o atraso do rural galego fixo que estivese hoxe en día na punta de lanza. Tal e como se cultivaban antes as cousas, agora chámanse produtos ecolóxicos, antes aproveitábase moito máis todo. Falta concienciación tamén na loita contra o low cost, que ao final é carísimo». O actor intenta practicar as 3R: «Teño dúas cativas na casa que se poñen de unllas cada vez que non tiras a cousa no sitio axeitado, e iso está moi ben. Eu vivo en sitios onde o poñen fácil tamén».