David Cancela: «O goberno de Cabana está queimado, falto de ideas»

F. Rodríguez / M. López CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

A carreira electoral | Solo industrial, turismo, iniciativas sociais e recuperación de poboación son os piares do programa do Bloque cabanés para as municipais

30 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Custou, pero xa din que máis vale tarde ca nunca. O BNG de Cabana elixiu de novo a David Cancela (37 anos) como candidato á alcaldía, e será este o seu terceiro liderado. Aposta Cancela polos servizos sociais, pero sobre todo por sacar do seu «estancamento» ao sector turístico, impulsando iniciativas deportivas como a baixada do Anllóns en piragua.

-Non será esta a primeira vez que encabece unha candidatura nacionalista en Cabana, non si?

-Correcto. Esta será a terceira vez que a encabece, aínda que nas anteriores eleccións houbo unha pequena renovación e entrou Meli Souto, pese a que, por cousas da vida, non puido exercer o seu labor de concelleiro. Dada a necesidade de facer un relevo, volvemos coller a senda con moita ilusión e con moitas ganas de poder traballar para Cabana nos próximos catro, oito, doce... Todos os anos que queiran os veciños, por suposto.

-Cren que o resultado do BNG nestas eleccións xerais que veñen de concluír se poderían extrapolar aos comicios locais?

-Pois no que respecta a Cabana vimos de pasar de 58 a 162 votos para o BNG, unha subida considerable. Estamos moi contentos polos resultados obtidos no noso concello. Agora ben, de aí que poida isto ser transcendental de cara ás municipais... Terán que ser os veciños os que o digan. Somos menos partidos e espero chegar a máis casas e máis familias.

-Como ve a situación política en Cabana?

-Para este mandato presentámonos cinco grupos e vemos que o panorama a partir do mes de maio pode ser moi interesante. O Partido Popular está en claro declive, moi débil e coas ideas moi esgotadas. Mesmo puidemos ver hai pouco que pretenden levar a cabo ideas que nós promovemos. Mocións que antes rexeitaban e cualificaban de loucuras agora estanas levando adiante. É un goberno escaso, falto de ideas e moi queimado. Fai falla un cambio e nós podemos traelo.

-Que destacan do seu programa?

-Queremos asentar esa poboación que está marchando, recuperar o sector primario, facer bolsas de vivenda, crear solo industrial para empresas e emprendedores e impulsar o turismo, pois confiamos en que é o noso futuro e é un sector que está totalmente esquecido. Queremos, neste senso, crear sendas ciclables, probas deportivas e outras iniciativas.

A favor / En contra

- Cadea perpetua revisable: A favor

- AbortoA favor

- Investigados nas listasEn contra, por suposto

- Traslado de restos de FrancoA favor

- Referendo CataluñaA favor

- Acollida refuxiadosA favor, tamén

- EutanasiaA favor

- Cambio lei violencia xéneroA favor, así mesmo

- Prohibición fumar praias e piscinasSon fumador, pero a favor

- Casco urbano a 30 km/hTotalmente lóxico

Preferencias

- A que hora se ergue?: Ás 7.00, aínda que esperto antes

- Que almorza?: Un cafeíño

- Prato preferido: Ameixas ou arroz con berberechos

- Que non comería?: Coles de Bruxelas

- Bebida preferida: Aquarius de laranxa

- Equipo de fútbol: Fútbol Club Barcelona

- Que coche ten?: Un Saab

- Unha afección: A arbitraxe, sen dúbida

- Un lugar: O esteiro do Anllóns

- Que tarefas de fogar realiza?: Cociño

Artes e letras

- Escritor favoritoLeo por recomendación

- Último libro que leuArbi, ¿qué Pitas?, un manual

- Última película que viuDeadpool 2

- Un artistaMessi [ri]

- Un actorLuís Tosar

- Unha actrizA grandísima Maribel Verdú

- Un cantanteSabina, sempre

- Tipo de músicaRock

- Deporte que practicaPara arbitrar hai que estar en forma

- Unha viaxe pendenteMuxía-Cádiz en bici, a ver se podo

A listaxe

1. David Cancela García

2. Dálida Vizcaíno Regueira

3. Jacinta Alejandro Rivera Fariña

4. Ana María Vidal Fariña

5. Diego Suárez Espasandín

6. María Nieves Eiroa Souto

7. Juan Fernando Márquez Senande

8. Jennifer Penedo Albores

9. Severino Costa Pose

10. Tamara Eiroa Canosa

11. Xaquín Paredes Ínsua

Suplentes:

1. María Luz Varela Vidal