dfas

La Voz

CARBALLO

O PATRIMONIO, BEN DE INTERESE CULTURAL

27 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Cores de Dombate: pinturas máxicas

Para educación infantil, primeiro e segundo de primaria. A pintura sempre tivo unha finalidade práctica, decorar os espazos, e neste obradoiro chamado «As cores de Dombate. Pinturas máxicas» os pequenos achéganse á importancia da linguaxe gráfica, plástica e visual como forma de expresión na Prehistoria. Coñecen, tamén, como se conseguían os pigmentos no Neolítico e como se formaban as diferentes cores.

As gravuras da Fornella

É un obradoiro para alumnos de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria, así como primeiro e segundo da ESO. Descobren nel a importancia e forte valor simbólico e ritual das gravuras do dolmen. A partir dos debuxos e decoracións orixinais que se atopan no interior do dolmen de Dombate, elaboran unha peza feita en area que simulará a pedra na que os habitantes de hai 5.000 anos gravaron e pintaron estes símbolos.

Alumeando a mámoa: ¡lume!

Pode neste obradoiro coñecerse de primeira man as dificultades e curiosidades de facer lume con paus ou con pedras. Estudantes de secundaria e bacharelato achéganse ás diferentes técnicas de obtención de lume empregadas na Prehistoria e coñecen ademais como o ser humano empezou a domesticar e a producir este recurso. Instrumentos musicais de culturas afastadas tamén están presentes.