«Temos que lanzar mensaxes dende os nosos postos visibles»

f.r / v.c CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCIA

A actriz xalleira Isabel Blanco reflexionou sobre o medio ambiente

01 abr 2019 . Actualizado a las 10:44 h.

A actriz e presentadora galega Isabel Blanco participou na oitava emisión de Ecovoz, nas ondas de Radio Voz, para reflexionar sobre o medio ambiente. Segue inmersa, ademais de outros moitos proxectos, en Pasaporte Galego, que pasará en breve por Laxe.

-Cómo ve a situación?

-Véxoa dende a máis absoluta preocupación porque a concienciación non chega a todo o mundo, uns estamos moi concienciados e outros nada. Non temos un mañá para os nenos, a xente que só pensa no agora é moi triste que non se dea de conta de que se seguimos por exemplo empregando no noso día a día plásticos imos mal. As campañas non están chegando, temos que facelo nós que temos un posto visible e identificable, lanzar mensaxes de: non abras a billa se non che fai falta a auga nese momento, ou ben podes encher unha tina e lavar aí os cacharros por exemplo, porque a auga é de balde pero non é de balde. Estas cousas son moi básicas.

-A auga, que xa empezamos a ver que escasea...

-A xente fala do bo tempo e eu mesma saio e vexo o sol e véñome arriba, pero temos 5 semanas máis de bo tempo, temperaturas máis altas...non chove. O bo tempo é a ilusión do inocente. Non está agora habendo as catro estacións, está habendo dúas, inverno pecho e case verán.