«Demostramos que estamos á altura dos grandes equipos da categoría»

O míster do Bergantiños, Miguel Figueira, fala de pasado e futuro


Carballo / La Voz

míster do Bergantiños, Miguel Figueira, falou onte sobre o último partido e, tamén, sobre o que se aveciña.

-Como valora o partido que fixo o seu equipo contra o Racing de Ferrol e o empate a cero?

-O plan do partido saíu como esperabamos, e creo que deixar ao Racing practicamente sen ocasións de gol e nós ter ata tres moi claras demostra que estamos á altura dos grandes equipos da categoría. Si que é certo que o resultado non nos deixa contentos porque buscabamos os tres puntos para poñernos por diante na táboa, pero estou satisfeito polo traballo realizado. Con eses sinais de identidade estariamos preparados para competir nun play off.

-Os seus xogadores estiveron moi concentrados dende o principio ata o final. Pode significar isto un cambio de dinámica? O Bergantiños non gaña dende o 17 de febreiro.

-Os resultados non están acompañando, pero vexo aos xogadores moi envorcados. Non se lle pode esixir estar ao cen por cento de concentración todas as fins de semana porque iso é moi difícil. Valoro positivamente o esforzo do equipo e se serve de punto de inflexión ou non verémolo co paso das semanas. O que si lle vamos a esixir dende o corpo técnico é pelexar por ese primeiro posto.

-A seguinte proba de fogo vai ser contra o Unión Ourense. Como ve ao rival que pasa polo peor momento da tempada?

-Primeiro xogamos fóra contra o Somozas. É un encontro que imos preparar ben porque trátase dun rival que estaba feito a principio da campaña para estar en play off. Para nós é unha semana importante despois de non sumar tres puntos nas últimas xornadas. Miro sempre cara o noso equipo e partido a partido. Todos son importantes agora na recta final.

Al Bergantiños le espera otra prueba de fuego contra el Unión Ourense

melissa rodríguez

A falta de nueve jornadas para el fin de la liga, la cabeza de la tabla está al rojo vivo con el equipo carballés y el Compostela a un punto del líder, el Racing de Ferrol

La pelea por el título de campeón en el grupo gallego de Tercera División parece estar clara. A falta de nueve jornadas para el fin de la liga, el Racing de Ferrol, el Bergantiños y el Compostela son los claros favoritos. El equipo verde lidera con 57 puntos, mientras que el Bergantiños y el Compostela lo persiguen con uno menos, teniendo los rojillos el golaveraje particular a favor. El cuarto clasificado, el UD Ourense, en cambio, está a ocho puntos de la primera posición y a siete de la segunda y de la tercera. No obstante, este equipo tiene, todavía, dos últimas balas para meterse, de nuevo, en la lucha. Y además, una tras otra.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Demostramos que estamos á altura dos grandes equipos da categoría»