«Non é todo bonito, aínda que o pareza, porque están os areais que son toda unha pobreza»

Lupe Blanco

CARBALLO

MATALOBOS

A regueifa da semana, por Lupe Blanco

24 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

E terei que contar algo,

que non é cousa calquera,

queda fóra o inverno

e entra a primavera.

Atrás queda o mal tempo,

e esperemos que o frío,

se baixades hoxe á feira,

está todo florecido.

Mais non é todo bonito,

aínda que iso pareza,

porque están os areais,

que son toda unha pobreza.

Canto plástico no mar,

sábese que é unha perda,

como non fagamos algo,

habemos comer merda.

Perdoade o atrevemento,

que foi por culpa do sono,

pero se non o coidamos,

é que moi listos non somos.

Cambiemos mentalidades,

pensando nese pescado,

que logo toca comer

o sargo recauchutado.

Non che é risa ningunha,

que nos debía dar pena,

habémolo lamentar,

romper o ecosistema.

Que romper logo se rompe,

falo de seguridades,

porque hai que andar con ollo

e coidar das propiedades.

Se non mirade na zona,

e os afectados que o dighan,

hai que vixiar a casa,

que logho cha desvalixan.

Pois o tema non me estraña,

co que ocorre aghora,

saes un día da casa,

e logho te chimpan fóra.

Xa o dín eses de Vox,

que nacen iluminados,

temos que ser coma os ianquis,

e andar todos armados.

Eu acabo atalora,

xa quitando na chaqueta,

que terei que ir aprender

a apuntar coa escopeta.