Premios de teatro María Casares para Marta Lado, María Lado e Talía

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

A fisterrá Marta Lado, recollendo o seu premio.
A fisterrá Marta Lado, recollendo o seu premio. César Quian

A gala celebrouse este pasado venres, no Rosalía da Coruña, e deixou boas novas para a Costa da Morte

23 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Vén dando que falar esta 23.ª edición dos Premios de Teatro María Casares, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), coa colaboración dun bo número de entidades. A gala, celebrada no Teatro Rosalía de Castro da Coruña este pasado venres, fixo viaxar aos presentes ata a época do Imperio romano, cun espectáculo dirixido por Juanillo Esteban e Carlos Sante que mesturou teatro e novo circo. Comentado foi o discurso de Mabel Rivera, vicepresidenta da AAAG, quen explicou por que este encontro, por vez primeira, non foi retransmitido pola TVG. A decisión foi tomada pola organización, trasladaron, ante a negativa do ente público de negociar unha mellora na retransmisión: «Intentouse ano tras ano, pero este último non tivemos sequera a opción de expoñer directamente as nosas peticións, sermos recibidas por alguén. E ata aquí».

Polo demais, foi unha noite que para a Costa da Morte deixou felices noticias. A compañía Talía Teatro, tan ligada a esta comarca, fíxose con dous premios pola súa obra «O servidor de dous amos»: un, en maquillaxe, para Martina Cambeiro, e outro para a actriz secundaria, a fisterrá Marta Lado. Foi premiada, tamén, «Anatomía dunha serea», con texto de Iria Pinheiro e María Lado, esta última nada en Brens (Cee).