Teté Delgado: «Estar concienciados fainos empezar a mobilizarnos»

F. R., V. C. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCIA

ECOVOZ | A actriz, presentadora e cantante reflexiona sobre a importancia dos pequenos hábitos e sobre o necesario coidado do medio

18 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Actriz, presentadora, cantante... e, ademais, persoa concienciada na importancia do coidado do medio ambiente. Teté Delgado participou no programa Ecovoz, un espazo no que falou da súa perspectiva sobre este tema. «O medio ambiente hai que coidalo porque se non morremos todos», dixo. Delgado tivo tamén palabras de agradecemento para o voluntariado que coida o entorno con actividades coma a limpeza de praias cando estas están cheas de plástico, entre outras cousas.

-Con pequenos xestos todos podemos axudar, ¿non?

-Claro, iso de base, e estar concienciados fainos despois empezar a mobilizarnos contra, por exemplo, o sobre-envasado. Compramos cousas que están envasadas tres veces en vez de ir á carnicería e que cho dean nun papel. Hai que coidar moito iso, presionar a cada supermercado para que non se abuse disto, hai que facer moitísimas pequenas cousas para mellorar todo, pero antes hai que estar concienciado de base. Eu procuro axudar e concienciar todo o que podo porque estou moi namorada da natureza, penso que eu podo ver toda esta marabilla, pero igual algunha xente non a vai ver.