Moito talento da Costa da Morte na Gala do Libro Galego 2019

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

A obra «Man de Camelle», de Carmen Hermo, esta nominada na categoria de Libro Ilustrado e na de Mellor Libro Editado
A obra «Man de Camelle», de Carmen Hermo, esta nominada na categoria de Libro Ilustrado e na de Mellor Libro Editado carmen hermo

Rosalía Fernández, Manuel Rivas, Concha Blanco, María Canosa, Alberto Varela, Marilar Aleixandre e Carmen Hermo (por partida doble) figuran entre os nomes seleccionados

16 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editores (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG) veñen de convocar a cuarta edición dos Premios Gala do Libro Galego, que se celebrará o 11 de maio en Santiago. Será aí onde se dean a coñecer as obras gañadoras duns galardóns que recoñecen a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do 2018 en Galicia.

Hai varios títulos e nomes ligados á Costa da Morte: «Contra todo isto. Un manifesto rebelde», de Manuel Rivas (categoría Ensaio e Investigación); «Bonus Track», de Rosalía Fernández Rial (categoría de Narrativa); «O ladrón de voces», de María Canosa (categoría Infantil); «A fillo do minotauro», de Marilar Aleixandre (categoría Xuvenil); «Macedonia de versos», con debuxos de Lidia Nokonoko e texto de Concha Blanco (categoría Libro Ilustrado); «Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia», de Alberto Varela Ferreiro (categoría Libro de banda deseñada) e, finalmente, «Man de Camelle», de Carmen Hermo, en dúas categorías: Libro Ilustrado e Libro mellor editado.