«O teatro contribúe ao equilibrio ecolóxico»

f.r / v.c CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

ECOVOZ 2019 | Entre función e función, o actor e director de teatro Quico Cadaval falou en Radio Voz sobre medio ambiente e a necesidade de consumir produtos de proximidade

11 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Quico Cadaval acaba de estrear Tres vellas (polo menos) e Carpe Diem. O actor, entre tanto, tivo un oco para falar de medio ambiente.

-¿Cómo ve o futuro neste eido?

-O teatro é un medio que contribúe ao equilibrio ecolóxico porque fai que consumas produtos de ficción de proximidade. Na sociedade tradicional, a lareira era o lugar da imaxinación, da ficción, onde se contaban os contos das vellas e dos vellos: non había nada de consumo. O teatro segue sendo espectáculo en vivo e, polo tanto, fai que consumamos produtos do noso entorno, esencial para reducir o gasto en petróleo.

-¿Practica as 3 R?

-Na medida do posible, si. É moi difícil reducir o consumo de plástico porque choca coas ofertas económicas. As outras R si son máis fáciles: reutilizar sempre, como eu cociño sobre todo fabadas e caldos, iso valo reutilizando (ri) ata o final.

-¿Tocoulle interpretar algún texto de medio ambiente?

-Curiosamente podo dicir que foi o primeiro. Eu traballaba cunha compañía de Ferrol, que foi onde me meteron o veleno do teatro. Alí fixemos O Cazador de perdices, unha obra un pouco fantasiosa, pero que tiña unha interesante reflexión sobre o consumo, a caza...