«Agora, con 50 anos, vexo que as cousas van moito a peor»

La Voz

CARBALLO

J. M. CASAL

ECOVOZ | ROSTROS | No seu afabo diario de traballo, Zahera, que vén de recoller un goya polo seu papel como actor en «El Reino», fixo un oco para falar de medio ambiente en Radio Voz

03 mar 2019 . Actualizado a las 23:54 h.

Dende o abafo do traballo diario, as entrevistas despois de recibir un premio Goya e a súa vida diaria, o actor santiagués Luís Zahera fixo un oco do seu tempo para falar de medio ambiente e reciclaxe.

-Como vive o problema que estamos tendo no planeta con respecto ao coidado do medio?

-Eu botei moitísimos anos no grupo Scout Chan de Compostela, iamos de acampada todas as fins de semana, iamos de campamento no verán. Dende rapaz teño ese contacto coa natureza, alí inculcábanche que había que coidala e iso marcoume. Agora, aos meus 50 anos, vexo que as cousas van moito a peor, volvín a sitios nos que agora os ríos practicamente non teñen auga, é demoledor. Os intereses económicos impiden que se resolva esta lacra, unha catástrofe. Nós estamos collendo a mellor parte. Hai moitos que din que non existe o cambio climático, eu creo que é certo. Todo mudou dunha maneira estrepitosa, a deforestación, o monocultivo de eucalipto... É todo bastante duro, as seguintes xeracións terán que pelexar por iso.