A regueifa da semana: «Xa se venta a primavera e esperta a velutina»

«Outro ano de aguantalas, deixan todo estragado, empresas e apicultores xa o teñen controlado», canta Lupe Blanco na regueifa da semana


 Xa estamos no mes de marzo,

é un mes de cousa fina,

xa se venta a primavera

e esperta a velutina.

Outro ano de aguantalas,

deixan todo estragado,

empresas e apicultores

xa o teñen controlado.

Os que controlan abondo,

e eu algo practiquei,

son os mozos de Carballo,

na nova pista de skate.

Xa estreamos a praza,

e non lle fixeron ascos,

agora hai que disfrutar,

e tamén levar o casco.

Agora cambio de tema,

que a min gústame moito,

que ben o imos pasar

nestes días de entroido.

É cousa de carallada,

e as caralladas son boas,

bos tamén son os cocidos,

as orellas e as filloas.

Hai festa en calquera lado,

niso non temos problema,

acordádevos que o sábado

tamén é a Mikaela.

Cara Buño que marchamos,

haberá que ir moi cedo,

que o pobo non é grande,

e vai o aforo completo.

Vai ser semana completa,

por se non o comprendedes,

que o día oito de marzo,

é o día das mulleres.

Iso pon o almanaque,

se algún non o sabía,

para min reivindicalo,

xa o é calquera día.

Agora vou acabando,

que non quero dar a nota,

mañá que é luns de entroido,

eu regueifo por Carnota.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

A regueifa da semana: «Xa se venta a primavera e esperta a velutina»