Rocío da Igrexa deja la política cercedense tras 16 años de la mano del BNG

Antonio Longueira Vidal
Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

José Manuel Casal

La edila lo acaba de comunicar a través de una red social

01 mar 2019 . Actualizado a las 15:56 h.

En plena vorágine sobre la continuidad, o no, de José García Liñares al frente del consistorio de Cerceda, la que ha sido, y es, portavoz del BNG durante 16 años, Rocío da Igrexa Prego, acaba de anunciar que deja la política activa. Por lo menos, la primera línea de batalla. Esta era una opción que llevaba encima de la mesa desde hacía varios meses. De hecho, Rocío da Igrexa nunca aclaró si seguiría liderando el proyecto nacionalista en los comicios de mayo. Ahora acaba de confirmar su salida. Este es el texto dejado en una red social para despedirse de afiliados, amigos y vecinos de Cerceda.

«Cando aló polo 2003 asumín o reto de ser a cabeza de lista do BNG tiña claro que había ser para ben, máis nunca pensei en botar 16 anos en primeira liña. Estes 16 anos serviron para afortalar aínda máis todo aquelo no que creo e que me fai militar no nacionalismo galego, no BNG, máis déronme a posibilidade de medrar como persoa e participar activamente en mellorar a vida en Cerceda, (aínda que non teño conseguido facelo como a min me tería gustado) e desa maneira contribuír desde o local a mellorar o mundo. Temos tido momentos de moito enfrontamento político nas sesións plenarias, máis intentei sempre desde o respeto e a educación, defender con firmeza as miñas ideas e as propostas do BNG para Cerceda e Galiza. Evidentemente sair da primeira liña política non significa quedar ao marxe do que pase en Cerceda, sigo sendo unha activista política e desde a base seguirei defendendo o nacionalismo e o feminismo, como ferramentas básicas para conseguir un mundo mellor, un mundo de persoas iguais e pobos libres. Só me queda darlle as grazas ás miñas compañeiras e compañeiros da asemblea local por respetar a miña decisión e acompañarme nesta fantástica etapa de 16 anos, a toda a plantilla do concello de Cerceda por facilitar e facer que o meu traballo fora máis doado e tamén a todas as outras compañeiras e compañeiros das 4 corporacións nas q teño participado e Grazas inmensas ao pobo de Cerceda por terme permitido ser a súa representante e cumprir o soño de ser parte activa da súa, nosa historia».