«O cambio climático impide coñecer con precisión os ciclos da velutina»

luis García / Marta López CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCIA

Nada en Lalín, Cristina González, alumna da Formación de Apicultura na EFA Fonteboa, acaba de recibir a cualificación máxima co seu proxecto de fin de grao en Enxeñaría Agraria

20 feb 2019 . Actualizado a las 11:41 h.

Cristina González Abeledo desprázase habitualmente ata Coristanco dende o seu Lalín natal para formar parte do Programa de Formación Apícola impartido Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa. Recentemente presentou no campus de Ourense (Universidade de Vigo) o seu proxecto de fin de grao en Enxeñaría Agraria, un traballo que titulou A vespa velutina: a descrición das características dos seus niños e co que obtivo unha cualificación de 10. De todo isto falou no espazo Voces do Agro, emitido cada luns en Radio Voz Bergantiños.

-Xa hai algún tempo que a velutina nos acompaña. Cando chegou a Galicia?

-No 2010 entrou a España, e en Galicia tivo en 2012 dúas entradas: unha polo norte, por Lugo; e outra por Vigo. Así se explica a rápida expansión que tivo na nosa comunidade.

-De onde vén?

-É nativa do suroeste asiático e o primeiro avistamento en Europa foi no 2004, en Francia. Crese que chegou ao continente por vía marítima, nun barco cargado de mercancía que proviña de China.